Abrir o menú principal



Brila, raio da aurora,

Cal un sono de paz branco e purísimo,

¿A aquel que naceu cego, que lle importa

O teu fulgor divino?

Xemí, serenas ondas,

Co romor dos pinares,

Músicas, ¡ai!, e cantos i harmonías,

Para un xordo ¿que valen?

¡Pasá...!, pasade, hermosas,

Feitizo dos que esperan e dos que aman;

Amores e praceres son mentira

Pra quen tén seca a ialma.