Lamento da Frouseira

(Redirección desde «Pranto da Frouxeira»)


"Pranto da Frouxeira"       descoñecido       finais do s. XV ou comezos do XVI
 


Pranto da Frouxeira

A min chaman Teodomira,
señora do gran tesouro,
por estrela esclarecida
xago neste Valedouro

Máis tredor que un mour
o vilán que me vendeu
que de Lugo a Ribadeu
todos me tiñan temour.

De min a triste Frouseira
que por treizón son vendida,
derribada na ribeira
ca xamais se veu vencida.

Per treizón tamén vendido
Jesús, nosso Redentor,
e por aquestes treidores,
Pero Pardo, meu Señor.

Vinte e dous foron chamados
os que vendido o han,
non por fame de sustento,
de carne, viño nin pan.

Nin por outro minister
que falezcan de bondad
senón por súa vilancia
e mais por má intenzón.

Eles quedan por tredores
e seu amo por leal,
pois os Reis á súa filla
suas terras mandan dar.

A Deus darán conta delo
que lles queira perdonar
co que acabou a Frouseira
e a vida do Mariscal.