Prantos da ninfa Zigalia


"Prantos da ninfa Zigalia"       Anselmo Feijoo Montenegro       1702
 


(algúns autores atribúen a autoría a Benito Jerónimo Feijoo Montenegro, irmán de Anselmo).


"Prantos da ninfa Zigalia", en PDF.

Llantos dela Ninfa Zigalia

Poys que sempre algun mal sin,
tacha amiña boa ley,
deyjenme chorar sin fin,
desgrazias conque naçin,
nalengua en que me criey.

Querenme finjir culpada
en que a frota se perdeu;
pr que con pena dobrada,
ela ardida, I eu tiznada
duas perdas choro eu.

Ô Peyto o dor metraspassa,
bendo amiña sorte dura,
quevnavez que sin tassa
beu riqueça amiña cassa,
beu por miña desbentura.

Din. que non quijen façer,
nada, os, jngreses, que entraron,
eu ben quijen pareçer,
mais como pudenVençer
a quen nin ber me deyjaron?

Tuberonme, ô eles bir,
pressa, donde non podia
nin pelejar, nin fuguir,
si me deyjaran sayr,
Deus ten dito ôque seria.

Non sey, quen contra dereito
consinrazons ben âtroçes
me culpa; mays Já sospeito,
queaquel que ten pior preito,
he quen nesto dá mais boçes.

Todo o mundo me hé testigo,
canto chorey esintin,
cando estaua pressaenVigo,
bendo solto ô enemigo,
eberme çerrada amin.

Chorey ober amanada,
de Yngreses, que abian saydo,
bendo deJente malbada,
amiña terra pissada,
etodo ó çeo ófindido.

Chorey ober pelejar,
tanto françes deInportançia,
que balian ó meu ôllar,
cada ome por vn par,
aunque fose ô par de francia.

Mortos queali padeçeron,
millor queNos na contenda
quedaron, aunque morreron,
que heles avida perderon,
eu, â, onrra, Iafaçenda.

Chorey, cando bin defora,
ganadas as batarias,
aynda ô bronçe delas chora,
bendo perder nuha ôra,
traballo detantos dias.

Chorey cando bin quebrada,
efeyta acadea peças,
elafoy bem fabricada,
mays a deser ben dobrada,
porta que garde as riquezas.

Eu mais lagrimas deRamey,
cando a frota sequeymou,
mirei mais nada mirey,
por que o moyto que chorey,
ambos ôllos me cegou.

Mirey os nabios arder,
bin bolto en bolcan ó mar,
lume na auga açender,
ômes mo bento correr,
leños no lume nadar.

Todo este daño causou,
nun momento ô enemigo,
fee detodo agora dou,
que o principe me chamou,
solo pra ser testigo.

So tres bos sayronfora,
por non andar ás pancadas
eme enganaron dezendo
hiban abuscar petadas

Son petadas panes de borona pequeños.


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar