Proel/Lar
< Proel
LAR
Anda a choiva no tellado
como unha galiña choca,
que nesta noite ficara
do poleiro porta afora.
Con arelanzas de lobo
o vento abanea as portas
e oubea doidamente
nas tebras molladas, fondas...
Alá xunto da cociña
oise o meniño que chora,
aterecida de medo
sua voz no silenzo aboya.
As mans abuadas da choiva
baten nas costas do mar
e con leda brincadeira
a foula canta un cantar.
Aceiteira...
Vinagreira...
Chascorrás...