Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi/Disposición transitoria
Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi: Disposición transitoria Parlamento Vasco 2004
Disposicións transitorias
editar1. No prazo máximo de seis meses desde a entrada en vigor do presente Estatuto, a Comunidade de Euskadi asumirá materialmente e comezará a exercer en plenitude tódalas potestades, funcións e servizos sen excepción que lle corresponden conforme ó seu réxime de autogoberno, todo isto sen perxuízo da continuidade no exercicio e da subrogación plena nas que xa ten asumidas a Comunidade Autónoma de Euskadi.
2. Dentro de dito prazo de seis meses, unha Comisión Mixta de Transferencias integrada por igual número de representantes do Goberno Vasco e do Goberno do Estado, por unha sola vez e de modo definitivo, establecerá os acordos que procedan co fin de garantir a continuidade dos servizos públicos e traspasar os medios persoais e materiais de titularidade do Estado, que quedarán, respectivamente, integrados na Comunidade de Euskadi ou baixo a súa titularidade plena conforme ó seu réxime de autogoberno. A ditos efectos, se considerará que as actas da Comisión Mixta e os certificados que se libren con relación aos inventarios e documentos oficiais do Estado serán suficientes para a titulación e inscrición dos bens nos Rexistros Oficiais correspondentes. No seo da Comisión Mixta citada, se aprobarán os acordos financeiros e se procederá á regularización de fluxos financeiros que correspondan entre a Comunidade de Euskadi e o Estado.
A falta de acordo na Comisión Mixta non impedirá á Comunidade de Euskadi o exercicio das atribucións ou competencias asumidas, que as poderá exercer cos seus propios medios e recursos financeiros, sen prexuízo de poder reclamar con posterioridade.
3. Á entrada en vigor do presente Estatuto, permanecerá vixente o Dereito aplicábel nese momento na Comunidade Autónoma de Euskadi en tanto non se promulgue o Dereito propio deste Estatuto, cando corresponda conforme ao seu réxime de autogoberno.
Anterior: Disposición adicional |
Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi | Seguinte: Disposicións finais |