Resolución do 11 de decembro de 2001 da Subsecretaría do Ministerio de Xustiza

Resolución do 11 de decembro de 2001, da Subsecretaría, pola que se da publicidade á conversión a euros dos valores correspondentes ós procedementos sancionadores establecidos en diversas normas e ós prezos privados do Ministerio de Xustiza.

O artigo 11 da Lei 46/1998, do 17 de decembro, sobre Introdución do Euro, modificado pola Lei 9/2001, do 4 de xuño, establece os criterios para a conversión a euros dos valores dos prezos, tasas e tarifas.

De acordo coa nova redacción dada ó artigo, márcanse os criterios para a adaptación das escalas e baremos de sancións pecuniarias, prezos, tarifas e demáis cantidades con importes monetarios expresados únicamente en pesetas.

Ca fin de evitar aqueles problemas que puidesen prantexarse na aplicación dos criterios da Lei 46/1998, esta Subsecretaría resoveu:

Apartado primero.-

Dar publicidade ó importe en euros das sancións pecuniarias establecidas nos procedementos sancionadores que se detallan no anexo desta Resolución.

Apartado segundo.-

Dar publicidade ó prezo en euros das publicaciones editadas polo Ministerio de Xustiza. Dito prezo é o que figura no Catálogo de Publicacións do Departamento que se atopa a disposición dos interesados no Centro de Publicacións do Ministerio de Xustiza, rúa San Bernardo, 62, poidendo tamén ser consultado na seguinte dirección de Internet: http://www.mju.es

Madrid, 11 de decembro de 2001

O Subsecretario

Ignacio Astarloa Huarte-Mendicoa

Sancións establecidas no artigo 45 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal:

Conceto Pesetas Euros
Leves 100.000 a 10.000.000 601,01 a 60.101,21
Graves 10.000.000 a 50.000.000 60.101,21 a 300.506,05
Moi graves 50.000.000 a 100.000.000 300.506,05 a 601.012,10

Sancións establecidas no artigo 43.dous.4 da Lei 14/2000, do 29 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social, relativas ó réxime disciplinario dos Notarios:

Conceto Pesetas Euros
Menor Entre 100.000 e 500.000 Entre 601,01 e 3.005,06
Media Entre 500.000 e 2.000.000 Entre 3.005,07 e 12.020,24
Maior Entre 2.000.000 e 5.000.000 Entre 12.020,25 e 30.050,61