Abrir o menú principal

Resolución do 22 de xuño de 2001 da Subsecretaría do Ministerio de Xustiza

Resolución do 22 de xuño de 2001, da Subsecretaría, pola que se dispón a publicación do Acordo do Consello de Ministros polo que se concreta o prazo para a imprantación de medidas de seguridade de nivel alto en determinados sistemas de información. [1]

O Consello de Ministros, na súa reunión do 22 de xuño de 2001, aprobou o Acordo polo que se concreta o prazo para a imprantación de medidas de seguridade de nivel alto en determinados sistemas de información.

Ca fin de favorece-lo seu coñecemento e aplicación xerais, ordease a súa publicación como anexo á presente Resolución.

Madrid, 22 de xuño de 2001.

O Subsecretario

Ignacio Astarloa Huarte-Mendicoa

ANEXOEditar

Acordo polo que se concreta o prazo para a imprantación de medidas de seguridade de nivel alto en determinados sistemas de información.

O Regulamento de medidas de seguridade dos ficheros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, aprobado polo Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño, establece na súa disposición transitoria única os prazos de imprantación das medidas de seguridade para os sistemas de información que se atopaban en funcionamento á entrada en vigor de dito Regulamento, que se produxo o 26 de xuño de 1999.

Dita disposición transitoria única contempla un prazo de dous anos para que se proceda á imprantación das medidas de seguridade de nivel alto nos indicados sistemas de información, se ben a propia norma prevé a ampliación nun ano do prazo inicial, cando os sistemas de información que se atopen en funcionamento non permitan tecnolóxicamente a imprantación dalgunha das medidas de seguridade ás que se refiere o Regulamento.

O 26 de xuño de 2001 cúmprense dous anos desde a entrada en vigor do Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal e resulta constatable que respecto de numerosos sistemas de información, tanto de titularidade pública como privada, que xa se atopaban en funcionamento naquela data e nos cales, de acordo co previsto no artigo 4.3 do Regulamento, deben imprantarse as medidas de seguridade calificadas como de nivel alto que se determinan no seu capítulo IV, atopáronse dificultades de orde tecnolóxica que imposibilitaron a plena imprantación de tales medidas ata o momento.

En virtude diso semella oportuno, apreciando que concorren as circunstancias previstas para a aplicación do parágrafo segundo da disposición transitoria única do Regulamento, facer uso da facultade de amplia-lo prazo para a imprantación das medidas de seguridade de nivel alto nos sistemas de información que estivesen en funcionamento antes da entrada en vigor daquel, que será, en consecuencia, de tres anos a contar de dita data.

Por todo o cal, a proposta do Ministro de Xustiza, previo informe da Axencia de Protección de Datos, o Consello de Ministros, na súa reunión do día 22 de xuño de 2001, acorda:

O prazo para a imprantación das medidas de seguridade de nivel alto naqueles sistemas de información que se atopaban en funcionamento con anterioridade á data de entrada en vigor do Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, aprobado polo Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño, será de tres años desde a citada data de entrada en vigor, concluindo, en consecuencia, o 26 de xuño de 2002.

NotaEditar

  1. ^  Modificado, en canto que as referencias á Axencia de Protección de Datos deberanse entender realizadas á Axencia Española de Protección de Datos, polo Artigo 79 da Lei 62/2003, do 30 de decembro.