Abrir o menú principal


Respice Finem       Pedro Vázquez de Neira       1612
 


Morte cruel, esa tredora maña
de roubar de non cato á humana vida
con que ollos á podeche ver comprida
na santa REINA[1] que oge[2] perde España?

Se aquel rancor que te carcome e laña[3]
che tiña á mao para matar ergida,
non deras noutra parte esa ferida
donde nô fora á lástima tamaña?

Non se torçera aquel fatal costume
y á ley que yguala do morrer na sorte,
os altos Reis, co os baijos[2][4] labradores?

Terrible en fin é teu poder, ó Morte,
pois diante de ti Reis, e señores
son néboa, sombra, poo, son bento[4] e fume.

NotasEditar

  1. É un castelanismo.
  2. 2,0 2,1 O uso do iota (j) en "baijos" e o gue (g) en "oge" débese a que a pronuncia era igual xa daquela (j e g representan un mesmo fonema en distintas situacións). Na Idade Media escribiríase baixos por ser un son xordo.
  3. Abre.
  4. 4,0 4,1 A confusión de escribir "baixos" e "bento" ambos os dous con be (b) débese a que xa daquela a pronuncia era a mesma.