Soio
Soio Manuel Antonio 1918
Pra meu curmán Roxelio
Soio m’atopo no medio das xentes,
como unha folla antre as ondas do río;
mentres no fondo do meu peito frío
sinto sonar unhas horas doentes
Ledas sorrisas susurran a rentes;
son como bágoas d’un maino recío
sobres do fogo. Tamén eu sorrío,
porque os recordos me veñen ás mentes.
Y-ó relembras as edás frorecidas,
entre traxedias de amor, esquencidas,
píntase a mente de azules paisaxes,
brancas feituras de Virxe, sinxelas
frores caídas do carro de estrelas
onde pasean do Ensono as imaxes.