Abrir o menú principal


Soneto (a Filida)       José Cornide Saavedra       1761
 


                                 A Filida

¿Viche, Filida amada, o pajariño
que arando desos aires nas campiñas,
descoidado se achanta polas liñas
que cauto cazador pon no camiño?

¿Viche que forza fai para soltarse
e levar a bicada ós seus pajaros
(parte do corazón e fillos caros),
que deixara no niño ó remontarse?

Pois viche a quen che adora pola vida,
que, chantado no ichó de un imposibre,
cata aquí, cata alí se acha saída

para fugir, podendo verse libre
e acurrujarse firme no teu seo,
en que chorara atento o seu deseo.