Terencio Mac Swiney


TERENCIO MAC SWINEY       Antón Losada e Diégues       16-XI-1921
 


publicado no n.º 8 da revista Nós o 5-12-1921 .[1]


      N   INGUÉN dubida xa do preto trunfo dos irlandeses na loita de séculos, pol-a súa libertade.

   Y-antre tódal-as loitas da Grande guerra, y-antre todo-los movimentos de ideas y-os concertos e desconcertos dos pobos despois da desfeita, somentes se presenta limpa, xenerosa, pingando sentimento e xenerosidade en cada fala y-en cada movimento a feiticeira Irlanda. Pr'os irlandeses ricos e probes, iñorantes e cultos os probremas e intereses comerciás, industrials, toda a vida económica pasa ó derradeiro. O vento que move a tódo-los curazós irlandeses é o amor á Terra y-unha infinida arela de libertade.

   Grande exempro y-escarmento dos homes que non se decatan de qu'a saúde do mundo está na sua espirtualización

   Y-eiquí amóstrase o espello de toda a enerxía y-a espirtualidade do pobo irlandés: Terence Mac Swiney o inmorrente Mayor de Cork, o alcalde de Cork.

   O alcalde de Cork fol o protagonista d'unha moi xixela hestorea. Un home preso, que se deixa morrer do fame, levado d'un ideal. E morreu.

   Todo feito por mol pequeno que pareza, ten un sinificado outo, ollado con humanidade. Eisi n-este feito d'un home que se deixa morrer de de fame, hai un grande insiño pra todo-los homes, ainda pr'os que se cren na dianteira de toda cultura. O mesmo Mac Swiney deixou a tradución do seu feito: «Esta é unha loita de resistenza e non han sel-os trunfadores os que mais poidan facer sofrir, senon os que poidan sofrir mais».

   A doutrina do renunciamento, pra salvar á humanidade e pra abranguer o trunfo do ideal é a gran forza do pobo irlandés y-é a grande obra de Mac Swiney cando morría no cárcele de Brixton, y-o seu nome servía de risa ós mais dos homes, embestecidos pol-as preocupaciós económicas, e pol-as loitas de comercio e pol-os podres ideás de patronos y-obreiros.

   Mac Swiney é un nome feito de lús, ante todal-as brétemas do noso tempo. As súas verbas foron tan sinceiras como os seus feitos, e cando estábamos acostumeados a ver na lama as mais sinificativas verbas: Veredade, Xusticia, Libertade, Pátea, e xa todos no segredo de que eran valeiras, veu Mac Swiney a enchelas, e cando dicía: «Mañán a tua Terra espertará. ¡E doce morrer por ti Verdade, é por ti Libertade!» craba este falar con toda a forza dos mais sinceiros movimentos do curazón.

   Homes haberá que digan qu'o valore de Mac Swiney foi unha virtude pasiva, sin a fecundidade das grandes auciós, ¡Que cegueira! Lonxe dos grandes berros, das bandeiras, músecas, condecoraciós, zoar dos cañós, borracheiras das multitudes... co espirto ben sereo, na soedade mais fonda, Mac Swijey daba a súa vida, en cada instante pensando que cada paso escara a morte abría un camiño de vida á súa terra.

   Non hai enerxía conparabel á que se percisa pra un morrer de cada momento, cando se pode salval-a vida con toda facilidade si se quere. O poder de sofrir supón unha potenza de inhibición que somentes se da nas mais outas representaciós dos homes, y-il é unha verdadeira superación da animalidade, de que tan necesitados están todol-os direntores de pobos, y-os xefes dos sistemas políticos e sociás do mundo.

   Mac Swiney o Mayor de Cork é unha manifestaci´n heróica de potenza de inhifición de que é capaz un pobó ó servizo d'un ideal. Y-este ideal nacionalista irlandés é amor y-é pace. O querer desenrolar co'a posible libertade o amor a unha Terra, é ser nacionalista y-o querer d'iste xeito a unha pátrea, é comprendel-o amor a outras terras y-'e comprender con fonda cordialidade a outros homes.

   O nacionalismo d'Irlanda e de Mac Swiney ten un fundamento d'amore, de comprensión, e d'idealidade. É un nacionalismo de calidade máisima, eisí como hai nacionalismod de moita cuantidade, de moitos kilómetros cadrados e de moitos millós d'homes, que non teñen calidade, porque están feitos sobre do intrés, e da forza.

   O problema antimilitarista, a desfeita dos armamentos e das guerras non pode ser resolto, senon c'un deixamento de considerare como problemas fundamentás do progreso humán, o desenvolvemento material y-os fins económicos. Somentes espirtualizando as aspitaciós y-as doores da vida pódese chegar á comprensión, y-a perfeución nas concencias e nas vontades. Y-eisí veu o seu camiño o grande Mac Swiney.

   Mac Swiney, nome santo de mártir e de héroe espello de patriotas, mestre dos amadores da sua Terra os galegos bos e xenerosos non esquecen o teu eisempro, e como te seguiron nos teus sofrimentos, sígente nos desexos de Verdade, Xusticia e Libertade, e pregan a Deus s'estenda a Galiza a fecundidade do teu esforzo.


                                        Antón Losada e Diégues

         Pontevedra, 16-XI-1921.



Notas editar

  1. "TERENCIO MAC SWINEY" (n.º 8 da revista Nós) en Galiciana, Biblioteca de Galicia.

Véxase tamén editar

  • O artigo na Wikipedia sobre Terence MacSwiney (1879-1920), político e escritor irlandés.