Como ti vas pra lonxe
Y eu vou pra vello
Un adios, Mariquiña,
Mandarche Quero.
Que a morte é o diaño
Y anda rondando ás tellas
D’o meu tellado.
Cando deixes as costas
D’a nosa terra
Nin luz nin poesía
Quedarán n’elas.
Cando te vayas
Vaise conmigo
O anxe d’a miña garda.
Pombiña mensaxeira
De branca pruma,
Fálalle’os emigrados
d’a patria súa:
Dilles, mimosa,
Que d’eles apartada
Galicia chora.
|
Dille que pros seus lares
Tornen axiña
Que sin eles non queren
Pintar as viñas,
Regar os regos,
Madurar as castañas
Nos castiñeiros.
Dilles que non hay terra
Millor que a nosa
Máis ridentes paisaxes,
Máis frescas sombras,
Máis puros ceos,
Nin lúa máis lucente
N’o firmamento.
Dilles que suas obrigas
Aquí os esperan,
E si ond’elas non morren,
Que se condenan.
Y agora voa,
Pombiña, e que te guíe
Nosa Señora.
|