HOME VIAXEIRO      
Antón Losada Diéguez       1920
 


Publicado no n.º 112 da revista A Nosa Terra.
Publicado no n.º 71 da revista Nós como "Un conto".[1]


   Boteime a camiñar pol-o Ceo, brincando d'estrela en estrela, correndo pol-as estradas d'a lús e dos ensoños.

   Respiraba n'o aire da Terra. Un amigo díxome qu'estaba cabeza abaixo c'un pé n'o Pegaso y-outro no Cisne e c'0s beizos y-os ollos n'un anaco d'Europa.

   Seguín brincando d'estrela en estrela. Caín n'un cometa que me servíu de skis por algún tempo.

   Sentinme liberado. Cheguei a comprender que o mais grande movimento é a profunda e infinida quietude.

   Os meus pés foron trazando a mais longa estrada qu'un xenial inxenieiro pudo maxinar. Mais eu seguía respitando o aire da Terra, y-os meus ollos aínda dían a nosa paisaxe y-as nosas mulleres y-as nosas miserias... Aínda oía falar ôs faladores e sentía nos beizos o aire das cidades... Petaba o meu alento na miseria.

   Bulín moito mais, fixen c'o meu camiñar unha infinida órbita, brinquei por riba da Águia e de Sirio... Cheguei a cansar... Tiña razón o meu amigo.

   A miña cabeza estaba na Terra, sempre na Terra, y-era o inconmovibel centro d'a órbita qu'eu fixera.

   Eu era un home e nin as estrelas, nin os cometas podían arrincar a miña testa da Terra pra leval-a ô Ceo. Pra bicar o Ceo e respirar no cumio era preciso que os meus pés se asentasen na Terra e que camiñase moito pol-o mundo.


  1. "Un conto" (n.º 71 da revista Nós) en Galiciana, Biblioteca de Galicia.