Un soño
UN SOÑO (1853) Xosé Pérez Ballesteros Publicado orixinalmente en Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861 en 1862
- Versión publicada en El heraldo gallego, número 247 o 15/2/1878.
Un Sono.
_
Senteime unha mañan d' un dia quente,
A sombra d' un carballo aproveitando,
Xunto á un rio, que vay pausadamente,
Os pés d' os ameneiros remollando:
Xa o sol erguendo s' iba tras d' o monte,
Brincaban os paxáros de contento,
Cantando e patuxando n' unha fonte;
- Entreténdome, asi o pensamento. -
Eu miraba pasmado qué vizosas,
As froliñas relocen salpicadas
Co-as doas de xiada que d' as rosas
Acóchanse n' as follas encrespadas.
Formigaba, de vidro, un regueiriño,
Lambéndolle os cañótos a unhas canas,
E, dempois de furar por entr' o liño,
Iba a morrer n' un leito de espadanas.
Mais o rio, roxindo, preguizoso,
Cobrialle as raices os salgueiros;
E, o sol, mentras, botaba maxestoso
A madeixa de lus pol-os outeiros;
Os seus fios dourados repartira.
Por buracos d' a rama camiñando.
E d' o rio n' o espello ben eu vira
Os paxáros n' a folla aboligando:
Co seus pios soaves empesaron
Falando alá unhas cántegas entr' iles,
¡E a miña triste idea, asi calmaron
As piadas d'os páxaros aquiles!
. . . . . . . . . . . . . . .
Pouco a pouco, quedeime adormecido,
E, soñando, inventou o pensamenlo
Q' o que desperto houbera apetesido
Facia a miña groria aquel momento.
Presa o meu corazón de tal idea,
Vin baixar case-case, a veira miña,
O q' as veses, s' atopa pol' aldea,
Unha rapaza, pura, inocentiña.
---
Seria para min un imposibre
Pintar a bonitura de tal nena,
E, a calquera, faráselle increibre
Q' ó mirála, de min fuxeu a pena.
Era com' a d' un anxel a figura;
O pe sobre d' o ochan puna lixeiro,
En toda ela lumeaba sua lindura,
De sorte que me puxen falangueiro.
Díxenlle, a miña sorte era cativa,
Q' afrixido o meu peito d' os delores,
Faciaselle o mundo costa arriba,
E reloucaba o corazón d' amores:
Que atopar non poidera un consoliño
Que chegase a acougarme o pensamento,
Q' andaba d' a trislura n' o camiño...
Cal folla que é levada pol-o vento!
Algalias cousas mais lle fun dicindo,
Sobre d' o verde musgo estomballado;
As miñas cóitas ela iba sintindo,
E en escoitalas amostraba agrado.
Por estonces, o fogo d' o meu peito
Mainando foi con ela un pouquiniño,
Mais cando de se ir tomaba xeito,
O meu amor choraba coitadiño.
Sin consolo, colléndoa pol-o brazo,
—¡Ay, que doce ilusión! enton me dixo;
Para proba d' amor, dóuche nn abrazo,
Pro leva ti o segredo sempre fixo.
. . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . .
¡Ay, canto un horne soña adormecido!
¡Cantas veces tamen soña desperto,
Para logo dempois chorar perdido
O mesmo que soñando creyen certo!
Tamen fun do meu sono despertado
Por un neno que tras d' unha anduriña
Baixára dando berros pol-o prado...
A desfacer asi a groria miña.
Estonces eu erguinme decontado,
E marchei, cavilando o pensamento
N' o moito que gocei ali deitado,
Esquensendo recordos de tormento.
José Pérez Ballesteros.
Santiago, 1853.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar
Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos. As traducións poden non estar en dominio público.
|