Vagalumes/¡Inda o diaño!


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 





- ¿Conque te casas, Rosiña,
en facendo a recolleita?
- N'o nego, señá Marica;
mais, van sendo horas, afellas,
se é que non hei de quedar,
pra vestir santos, solteira.
- E logo ¿que anos tes xa?,
porque moitos n'aparentas.
- Voulle indo pra os vintecinco;
prá metá xa dos cincoenta.
- Pois n'é moito. Vintanove
tíñaos eu.
- ¿E cantos leva
vosté logo de casada?
- Bótalle a conta: setenta
fago aló para xaneiro.
- Destonces, coase corenta.
- Inda me faltan dez meses.
- Pois, n'a facía tan vella.
- Se eu me vexo do teu tempo,
destonces...¡ei recentellas!
- Noh, cando hoxe inda é así,
¡como sería daquela!...
- Neso sóbrache razón:
tiña os mozos a moreas
e en catro légoas á roda
prás mozas soio era envexa.
Vestida co meu refaixo
e a miña chaqueta negra,
co aqués adornos tan chuscos
e aquelas cintas de seda;
cos meus zoquiños ben feitos,
—todo era zocos daquela--
as miñas medias de lan,
e aquel meu pano canela...,
ó verme entrar no turreiro,
coa miña roupa das festas,
todos poñían os ollos
en min, tal se fose a reina;
e... ¡como se degaraban
os máis por facerme as beiras!...
- Tamén arranxou bo mozo,
que o señor Pedro poidera
inda hoxe, e mais é un vello,
atopar quen o quixera.
- ¡To, vaca, to!... O meu Pedro,
—pregunta quen foi na aldea--
mais... tíñache soio un defecto:
¡padecía de celeira!...
¿Quen é aquel mozo, Rosiña,
que vén, na man coa monteira?
- ¡Que vista ten! Pois aquel
élle o meu galán.
- Logo, ¡eia!,
vóucheme de aquí.
- ¿Por que?
Non se marche. Mire..., veña,
que el non lle come a ninguén.
Volva aquí.
- Non; teño présa.
Sei o que son estas citas...,
téñoche moita experencia...,
e, ademais, coma ó meu Pedro
inda lle dura a celeira...
Adiós, adiós. ¡Coidadiño!...
- ¡Inda o diaño!... ¡Quen che dera!...