Vagalumes/A tarde vaise
A tarde vaise.
Alá na aldea
chora unha dona
diante o cadavre da súa filla,
que, pomba nova,
de mal de amores morreu ferida,
deixándoa soia.
Chove e fai vento.
O campaneiro
a morto dobra.
Unhas mulleres van choricando
pola congostra
tras catro vellos que o cadaleito
levan da moza.
Salmeou o crego und Dies irae,
logo, con cordas
baixano 69 a caixa da cova ó fondo,
onde destoncias
duas caliveras fanlle os honores
a rir cal tolas.
Terras de Codeseda, 1924