Vagalumes/Acoarela
A xente, de trafego,
facendo a sementeira;
o sol, peiteando enriba
sua roiba cabeleira.
No ar dependurada,
borracha de alegría,
fai a laberca a xornada
do día.
Pola estrada a correr
unha poeira branca:
do motor o progreso
que a cento vinte alanca...
Á soma refrescante
do mesto piñeiral
debaleira Amor galante
seu carcax.
Trouxo a nova o rapaz
que fora pola avenza:
o automoble do Pazo
escachado en Fervenza...
Alegría na aldea...
Unha vella aledada
dille ó can que rebrinca na cadea:
¡Hoxe tes preada!...