Vagalumes/Anceios
Son os teus ollos cereixas
das que eu quixera fartarme,
pra vivir sempre contento,
véndote decote a Ti.
Hai nos teus beizos surrisos
dun sol risoño de abril,
e eu quero neles queimarme
e que Ti avénte-la cinza.
As túas mans de raíña
deitan favores sen conto;
dóname, Nai, unha esmola,
que son mendigo de amor.
Mel levan as falas túas
ós corazós deloridos;
meu corazón é unha mágoa
en espera do teu bálsamo.
Cando a Ti ergo meus ollos,
miña ourazón é pregaria;
son outro Santo dos Croques
de xionllos na Soledá.
Revoar nos teus ensoños
hastra queimar miñas azas
nas chamas do Degarado...
¡Eis o que arelo de ti!...