Vagalumes/Berros de loita
Ó poeta da raza, R. Cabanillas
I
Alá vén cara ós eidos baixando
a xauría de lobos famentos.
Alá vén, cal enchente 105 que arrasa
as colleitas nos meses de inverno.
Non se contan. E avantan en ringla
cara á aldea choutando lixeiros,
aprestados cos cans a loitare
e facer na facenda estragueiro.
¡Upade, mociños;
petrucios, ergueivos,
e á loita aprestaivos
con paus e fungueiros!
II
¡Aí os vén! ¡Son os lobos! Nos ollos
tran da nosa ruíña o refrexo.
¡Como alampan na noite!... Miraios
a preada cheirando nos ventos.
Se deteñen. Parece que antre eles
deliberan e toman consello.
Se esparexen; e a aldea rodean
pra asaltala millor dese xeito.
¡Pillade as forcadas!
Soltade, lixeiros,
os cans, e apurrádeos.
¡Á loita, labregos!
III
¡Como os cans a seus donos defenden!
¡Como a xente choutou xa do leito!
¡Como loitan os homes con fouces!
¡Como axúntanlle pedras os nenos!
¡Xa recúan!... ¡Avante, mociños!
¡Ouh petrucios, mulleres e nenos,
sempre avante! ¡O vindeiro que atope
roxo o campo de lobos cuberto!
¡Upade, mociños;
petrucios, ergueivos!
¡Que o sol do porvir alumee
ó probe labrego xa ceibo!...
Codeseda