Vagalumes/Casoalidá


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 




I


Conocémonos,
quixémonos
co ese querer de amistade
que une a dous amigos bos;
logo, o trato foi cavando
no querer profundidade
sin decatarnos nin nós.


Mutuamente
nosas coitas
nos contamos sin segredo
nin xamais unha calar;
hastra que a xente, avezada
a xuzgar decote cedo,
encomenzou a falar...


Ofendémonos
e rímonos
das lixeirezas da xente
en asuntos de tal crás.
¡Confesémolo!... Eu coido
que aquela risa inocente
foi o chispazo vorás...


¿Dimpois?...
Non nos estrevemos
inda a falar nunhas veces
xa con toda craridá;
e así foi como nacera
aquel amor que coñeces,
fillo da casoalidá...


II


No vindeiro...
nos amamos
co ese amor tan santo e puro
que endexamais vedou Dios;
logo, as promesas cavaron
decote máis fondo..., xuro
que sin decatarnos nós...


Pescudaron,
mais negamos.
¡Antre os dous soio o sagrado 63
daquel tan subido amor!...
Sin procatarse, diante eles
amor nos temos xurado,
anque baixo outro color.


¡Perseguíronnos!
¡Burlámolos!,
e nunca a verdá poideron
con certeza ben saber.
¡Alonxáronnos!... ¡Buscámonos!...;
e as distancias non valeron
pra tales lazos romper.


¿Dimpois?...
¡Xuro! Non sei como
nin cal dos dous tivo acerto
culpa da amarga verdá.
Nin ti nin eu. ¡Confesémolo!;
que aquel amor foi de certo
fillo da casoalidá...