Vagalumes/Miña lúa aluarada


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 



Miña lúa aluarada
que te ergues tras do pinal,
fálame da irmán amada
que levou a Inmaculada
na sua festa de Nadal.


Nas tuas brancas raioliñas
¿que me envías? ¿que me tras?
¿Bicos?... ¿Falas mimosiñas?...
¿Sabe das arelas miñas
e do seu loiro rapás?


Dille, dille, branca lúa,
que aquel anxo que deixou
rebulda na casa núa...,
e nunha raiola túa
¡lévalle o meu corazón!


Dille que n'achei consolo
dendes que ¡ai! de aquí fuxeu,
que o seu filliño tan solo
logra, en colléndoo no colo,
amingoa-lo penar meu.