Vagalumes/N' un revoar sin fin
Nun revoar sin fin, da Dor as azas
rozaron o seu corpo de muller
—lanzal, esbelto e de soaves trazas—,
de primaveira un loiro amañecer.
Por sobre do seu rostro, un cor magoado,
seus ollos ¡ai! pechados e sin luz,
o seu sorrir pra sempre xa apagado,
e nas suas mans un lirio e unha cruz.
Así dormida, a ollei no cadaleito,
namentras que no fondo do meu peito
se derretía en pranto o corazón.
¿Foi soño? ¿Realidá?
Á miña beira
nun branco amañecer de primaveira
levaran a enterrar miña Ilusión.