Vagalumes/Verbas limiares


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 



Verbas limiares


   Vel-ahí vai ise feixe de versos, frores ventureiras nacidas ó longo do vieiro dos meus tempos idos e regadas, a miúdo, coa ágoa que reverqueu, xa leda, xa tristeira, da fonte do meu corazón, a cuio compás fun miñas estrofas rimando.

   Endexamais eu maxinara en dar ó pobo meus versos así recollidos antre as páxinas dun volume. Foron miñas boas amistades as que de hai tempo eisixiron de min esta laboura, e foi derradeiramente o mestre Amor Ruibal —intelixencia xigante e universal, e corazón sinxelo e garimoso—, a quen Dios chamou pra si recentemente, quen me deu o decisivo empuxe, dimpois de terme honrado pousando sobre a cativez dos meus versos aqués seus ollos de aguia, arelantes decote de cousas grandes e profundas e de hourizontes infinidos. A Morte, que o viña axexando de cerca, non lle deixou trazar as liñas limiares que me prometera pra VAGALUMES.

   Non embargantes, eu quero que o seu nome figure no meu primeiro volume de versos pra facer constar meu outo recoñecemento ó filólogo e filósofo máis grande dos derradeiros séculos, nome que tódolos galegos debemos acoller con sagra ademiración, e cuia lembranza terá de manterse acesa a través das vindeiras xeraciós; porque Amor Ruibal non pode desaparecer nin do mundo centífico nin do corazón de tódolos bos galegos.

   Perdoa, amado leitor, iste desafogo, e percorre agora as follas do libro sin maxinar no

                                                                                                   AUTOR.