Axuda:Como mellora-la miña sinatura

Resulta moi útil e un aforro de tempo atopar nas sinaturas dos usuarios unha ligazón á súa páxina de conversa. Isto pódese facer sinxelamente de dous xeitos diferentes.

Primeiro xeito

editar
[[Usuario:Exemplo|Exemplo]] ([[Conversa Usuario:Exemplo|fálame]])
  • Seleccione a caixa: "Tratar a sinatura como se fose texto wiki, sen ligazón automática.".
  • A sinatura aparecerá como:

--Exemplo (fálame) 09:17, 30 novembro 2024 (UCT)

Segundo xeito

editar
  • Primeiro, faga unha subpáxina de usuario da seguinte forma: Usuario:Exemplo/Sinatura.
  • Escriba a nova sinatura nesa páxina da mesma forma que na primeira opción. Por exemplo:
[[Usuario:Exemplo|Exemplo]] ([[Conversa Usuario:Exemplo|fálame]])
{{SUBST:Usuario:Exemplo/Sinatura}}
  • Seleccione o cadro: "Tratar a sinatura como se fose texto wiki, sen ligazón automática.".
  • A sinatura aparecerá como:

--Exemplo (fálame) 09:17, 30 novembro 2024 (UCT)