Wikisource:Páxina de discusión
Na Wikipedia existen dous tipos de páxinas de conversa, chamadas ás veces de discusión:
- As páxinas de conversa asociadas a cada artigo, nas que se tratan temas relevantes só para ese artigo e que convén ler antes de mudar cousas no corpo do artigo por se cadra xa se debateron con anterioridade.
- As páxinas de conversa de cada usuario, que se empregan para comunicarse cos demais usuarios e para deixarlles mensaxes.
Toda páxina conta cunha páxina de conversa a excepción das localizadas no espazo de nomes Especial:. Se aínda non se iniciou ningunha conversa sobre unha páxina, a ligazón para a súa páxina de conversa aparecerá en vermello. Pódese acceder a ela: serás quen primeiro o faga.
Acceso a unha páxina de conversa
editarPara acceder a unha páxina de conversa deberás procurar a ligazón que di conversa que aparece na parte superior da páxina.
Unha páxina de conversa engádelle Conversa: ao comezo do título da páxina principal. Este artigo que estás a ler está no espazo de nomes Wikisource, polo que a súa páxina de conversa asociada é Conversa Wikisource:Páxina de discusión. A Portada está no espazo de nomes principal, polo que a súa páxina de conversa é simplemente Conversa:Portada.
Se outro usuario edita a túa páxina de conversa de usuario, aparecerá automaticamente a mensaxe "Ten mensaxes novas" en todas as páxinas que visites mentres non vaias á túa páxina de conversa.
Uso das páxinas de conversa
editarDeberías asinar as túas contribucións escribindo tres ou catro tiles (AltGr+4):
- (~~~ = O teu nome de usuario)
- (~~~~ = O teu nome de usuario hora:minutos, día mes ano (UTC)).
Se vas tratar sobre o título da páxina ou propor que se xunte o contido co de outra páxina, menciona sempre a páxina actual: unha vez movida, as referencias a "este título" perderían sentido.
Nunha páxina de conversa, "esta páxina" refírese normalmente á páxina actual (ou sexa, a páxina á que está asociada a páxina de conversa). Se o que pretendes é falar da propia páxina de conversa, refírete a ela como "esta páxina de conversa".
O símbolo + que aparece ao lado de "editar esta páxina" permite que se cree unha sección automaticamente e pide xa un título.
Non é aceptábel a práctica do "spamming" ou "cross-posting", consistente en colocar mensaxes semellantes en varias páxinas de conversa, especialmente de usuarios, co propósito de solicitar algo. Non o fagas. Dálle tempo ao tempo.
Formato
editarO software que está detrás do wiki permite moitos estilos de formato. Nos artigos principais vaise adecuando o texto conforme se fai editando pero, como nas páxinas de conversa non se editan os comentarios dos usuarios anteriores, convén seguir desde o principio unhas convencións que permitan a lectura doada e seguir o desenvolvemento das ideas.
- Escribe sempre na parte inferior da páxina de conversa ou da sección sobre a que queiras comentar, non antes. Nesta wikipedia asumimos que a sucesión cronolóxica dentro de cada sección vai de arriba a abaixo. Non empeces unha sección nova ao principio da páxina de conversa: non será máis visíbel porque o usuario lerá sempre a mensaxe que lle escribas por causa do aviso que se lle mostra.
- Comeza unha sección nova para tratar un tema novo: non trates doutra cousa porque entón o fío discursivo perderase. Tampouco inicies unha sección nova se xa existe: a conversa fragmentarase e non todos lerán os mesmos argumentos.
- Cando respostes a unha mensaxe podes facer de varias maneiras:
- colocar dous puntos (':') antes. Cada dous puntos representa un salto de tabulador.
- colocar un asterisco (*) antes: O asterisco crea unha lista. Este é actualmente o procedemento máis seguido na Galipedia.
Un exemplo do primeiro é o seguinte:
Que tal o leite? --[[Bob]] |
Que produciría algo así:
Que tal o leite? --Bob Penso que a conversa sobre o leite debería trasladarse para Conversa:Leite.. --Lisa</nowiki>
|
Voltar a Wikisource:Axuda. |