Axuda:Preferencias

(Redirección desde «Wikisource:Preferencias de usuario»)
Esta páxina ofrece unha vista xeral das preferencias de usuario; para ler unha documentación máis detallada, véxase meta:Help:Preferences.

As preferencias son as opcións de cada usuario sobre a navegación, a edición, as procuras, as notificacións e outras cousas no wiki. Xunto ás preferencias, hai outros servizos como a lista das contribucións realizadas na parte superior de cada páxina daquelas persoas que teñan unha conta. As preferencias ofrecen un gran número de características personalizables.

A páxina especial Especial:Preferencias ofrece aparencias, complementos, formatos de data, unha sinatura e outras cousas; tamén proporciona un acceso fácil para instalar outros complementos nos teus perfís de JavaScript e CSS personalizados. (Véxase a sección "Aparencia" embaixo.) O efecto global destas características é un control practicamente completo da interface de Wikisource. Para acceder á páxina de preferencias, preme na ligazón "Preferencias" que hai na parte superior de cada páxina; tamén o podes facer desde a caixa de procuras, inserindo Especial:Preferencias.

Esta páxina explica os aspectos máis importantes da páxina Especial:Preferencias. A devandita páxina é unha interface en JavaScript que serve para simplificar a alteración das opcións predeterminadas. Estas características e a páxina de preferencias que as establece están achegadas por MediaWiki, o software de Wikisource. Mentres que hai algunhas preferencias automáticas, existen outras ferramentas, denominados trebellos, que non están proporcionadas por MediaWiki, senón que foron realizadas por usuarios e poden necesitar instalación no teu ficheiro de JavaScript personalizado.

Páxina de preferencias

editar

Á páxina de preferencias poden acceder os usuarios rexistrados. Ten varias lapelas na parte superior (cómpre JavaScript). O botón Modelo:Botón serve para todas as lapelas, non para cada unha individualmente.[1] É dicir, o botón serve para gardar as modificacións feitas en todas as lapelas das preferencias. A ligazón "Restaurar todas as preferencias por defecto" leva ata un formulario de confirmación para restaurar todas as preferencias de cada lapela aos valores por defecto.

As características predeterminadas están pensadas para os lectores e editores principiantes. Os editores máis experimentados tenden a modificar as preferencias para utilizar os trebellos especiais que axudan a realizar algunhas tarefas.

Se contas cunha conta global en todos os wikis da Wikimedia, entón as preferencias das contas en cada sitio son independentes. Isto débese a que cada wiki ten o seu propio software. Algunhas opcións mesmo poden variar nalgúns wikis.

A continuación detállanse as opcións dispoñibles na Galipedia.

Información de usuario

editar
Preferencias → Información de usuario (meta:Help:Preferences#User profile)
  • Modificar o teu contrasinal.
Esta opción leva a un formulario que permite cambiar o contrasinal actual por un novo.
  • Permanecer coa conexión durante 30 días.
Ao lembrar o contrasinal envíase unha cookie ao navegador que permite que MediaWiki te recoñeza cada vez que visites o sitio. Deste xeito, non é necesario acceder ao sistema en cada visita.
  • Cambiar a túa sinatura.
Muda o formato estándar para a sinatura: Exemplo (conversa). Máis información: Axuda:Como mellora-la miña sinatura.
  • Elixir a lingua da interface.
Pódese escoller a lingua usada nas mensaxes da interface; a lingua na que estea escrito o texto das páxinas non cambia.

Aparencia

editar
Preferencias → Aparencia (meta:Help:Preferences#Appearance)

Esta lapela permite modificar a experiencia co navegador web. Atópanse, entre outras, as seguintes opcións:

  • Modificar a aparencia.
As aparencias dispoñibles son: Azul colonial, Moderna, MonoBook e Vector (predeterminada). Noutrora, houbo outras aparencias:[2] Parrulo, Estándar, A miña aparencia, Morriña e Sinxela.
  • Acceder ao teu CSS personalizado ou JS personalizado.
Para cada aparencia pódense crear individualmente; tamén se poden escribir estilos que afecten a todas as aparencias. Se as palabras están en cor vermella, quere dicir que as follas de estilo aínda non están creadas.
  • Cambiar o tamaño por defecto para as miniaturas dos ficheiros.
  • Excluírse das novas características experimentais.
  • Decidir algúns comportamentos das páxinas: xustificación dos parágrafos, numeración das cabeceira, entre outras cousas.
  • Elixir PNG, TeX ou MathJax para mostrar as fórmulas matemáticas.
Orixinar sempre unha imaxe PNG crea sempre unha imaxe PNG a partir do código TeX; Deixalo como TeX non converte o código TeX, senón que o mostra como é (isto faise, sobre todo, nos navegadores de texto, como Lynx); MathJax (experimental), adoita ser a mellor opción para a maioría dos navegadores modernos.

Data e hora

editar
Preferencias → Data e hora (meta:Help:Preferences#Date and time)
  • Formato da data
Permite elixir a forma en que se mostrará a data ao asinar as mensaxes nas páxinas de conversa.
  • Desprazamento horario
Dá a posibilidade de indicarlle ao sistema o desprazamento horario, é dicir, o número de horas de diferenza do teu fuso horario con respecto ao do servidor (que é o UTC). Isto non se actualiza automaticamente ao cambiar do horario de verán ao de inverno, e viceversa.
Notas

O horario local móstranse, entre outros, nos seguintes casos:

Pola súa banda, a hora UTC móstrase ao asinar nas páxinas de conversa.

Edición

editar
Preferencias → Edición (meta:Help:Preferences#Editing)

Wikisource achega aos editores varias opcións para personalizar o xeito de editar as páxinas. Entre elas:

  • O número de filas e columnas de caracteres para a caixa de edición.
  • A posibilidade de pedir ao software que avise ao deixar o campo do resumo de edición baleiro.
  • Activar o editor visual, un editor WYSIWYG para o que non é necesario saber formato wiki.
  • A opción de ollar vista previa en tempo real ao premer nos botóns Modelo:Botón ou Modelo:Botón, que permite enviar unicamente os contidos da caixa de edición ao servidor facendo que o JavaScript refreque a área que hai debaixo da caixa de edición coa vista previa da páxina. Como beneficios, úsase menos largo de banda e non xera un novo enderezo URL no historial do navegador.

Ademais, ofrécense dúas barras de ferramentas para a parte superior da caixa de edición. Por defecto, móstrase a barra de ferramentas de edición mellorada, mais é posible desactivala para volver á versión vella.

Cambios recentes

editar
Preferencias → Cambios recentes (meta:Help:Preferences#Recent changes)

Cada vez que alguén realiza unha edición nunha páxina, gárdase un rexistro coas diferenzas; os historiais das páxinas almacenan todas as revisións de cadansúa páxina. A páxina de cambios recentes mostra as últimas modificacións feitas nas páxinas da base de datos. Estas opcións serven para mostrar a información que aparece en Especial:Cambios recentes dun ou doutro xeito:

  • Lonxitude da lista.
  • Métodos de agrupamento da lista.

Lista de vixilancia

editar
Preferencias → Lista de vixilancia (meta:Help:Preferences#Watchlist)

As preferencias sobre a lista de vixilancia facilitan o control dos tipos de edicións, usuarios e páxinas que se mostran na páxina Especial:Lista de vixilancia.

Procura

editar
Preferencias → Procura (meta:Help:Preferences#Search options)

Esta lapela serve para escoller as opcións por defecto ao realizar procuras.

  • Elixir o número de resultados por páxina.
  • Elixir os espazos de nomes nos que procurar por defecto.
  • Decidir se aceptar ou non suxestións ao introducir os termos de procura na caixa de procuras.

Preferencias varias

editar
Preferencias → Preferencias varias (meta:Help:Preferences#Misc)

Achéganse opcións en relación á visualización das diferenzas entre revisións das páxinas.

Trebellos

editar
Preferencias → Trebellos (Wikisource:Trebellos)

Os trebellos son ferramentas creadas polos usuarios, non son parte do software que fai funcionar o Wikisource. Nesta lapela están clasificados segundo o seu ámbito de actuación. Cómpre ter en conta que adoitan necesitar JavaScript, de modo que é necesario telo activado para que funcionen.

  1. É certo que cada lapela ha crear un enderezo URL no historial do navegador, pero non representan diferenzas históricas na instancia de JavaScript que se carga coa páxina. Unicamente serven para a navegación coas frechas "atrás" e "adiante" do navegador.
  2. Desactivación das aparencias obsoletas.