Abrir o menú principal


¡Follas novas! risa dame

¡Follas novas! risa dame
Ese nome que levás,
Cal s'a un-ha moura ben moura,
Branca ll'oise chamar.
               —
   Non Follas novas, ramallo
De toxos e silvas sôs,
Hirtas, com'as miñas penas,
Feras, com'á miña dor.
               —
   Sin olido nin frescura,
Bravas magoás e ferís...
¡Se n'a gándara brotades,
Como non serés así!

Anterior:
Diredes d'estos versos, y é verdade,
¡Follas novas! risa dame Seguinte:
¿Qué pasa ò redor de min?

Fonte : I. Vaguedás. Páxina 6