Abrir o menú principal


¿Qué pasa ò redor de min?

¿Qué pasa ò redor de min?
¿Qué me pasa qu'eu non sei?
Teño medo d'un-ha cousa
Que vive e que non se vé.
Teño medo á desgracia traidora
Que ven, e que nunca se sabe onde ven.

Anterior:
¡Follas novas! risa dame
¿Qué pasa ò redor de min? Seguinte:
Alguns din, ¡miña terra!

Fonte : I. Vaguedás. páxina 7