Autor:Fanny Garrido
Fanny Garrido en: | |
Wikipedia A enciclopedia libre | |
Wikimedia Commons Multimedia |
Francisca González Garrido, coñecida como Fanny Garrido (A Coruña 1846 - Liáns, Oleiros, 1917), foi unha escritora e tradutora galega.
Obras
editar- Escaramuzas, 1885.
- La madre de Paco Pardo, 1898.
- Batallas (inédita).
- "Canto do berce" [1]
Miña xoya miña rula
Durme durme meu amore
Preto do seo da tua nai
Que che presta á sua calore
E non hay miña prendiña
Berce para ti mellore
Miña xoya
Durme, durme miña rosa
Griliña do noso lare
Todas as peniñas fuxen
C’o pracer de te arrolare
E por acabar tan logo
Sinto de t’adormentare
Miña xoya
Notas
editar- ↑ "Canto do berce".[1] incluído en Cantares viejos y nuevos de Galicia Música: Marcial del Adalid. Letra: Fanny Garrido.
Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos. As traducións poden non estar en dominio público.
|
|