Autor:Johan de Cangas

Johan de Cangas (s. XIII), foi un trobador galego activo no último cuarto do XIII e comezos do XIV, procedente da Península do Morrazo.

Obra que se conserva

editar
 
Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 1267, B 1268 e B 1269.
Em Sam Momed', u sabedes
B 1267
V 873
Fui eu, madr', a Sam Momed', u me cuidei
B 1268
V 874
Amigo, se mi gram bem queredes
B 1269
V 875

Em Sam Momed', u sabedes
que viste'lo meu amigo
(hoj'houvera seer migo!),
mia madre, fé que devedes,
leixedes-mi-o ir veer.
  
O que vistes esse dia
andar por mi mui coitado
chegou-m'ora seu mandado;
madre, por Santa Maria,
leixedes-mi-o ir veer.
  
Pois el foi d'atal ventura
que sofreu tam muito mal
por mi e rem nom lhi val,
mia madre, e por mesura
leixedes-mi-o ir veer,
  
Eu serei por el coitada
pois el é por mi coitado;
se de Deus hajades grado,
madre bem aventurada,
leixedes-mi-o ir veer.

Fui eu, madr', a Sam Momed', u me cuidei
que veess'o meu amig', e nom foi i;
por mui fremosa, que triste m'en parti!
e dix'eu como vos agora direi:
- Pois i nom vem, sei ũa rem:
por mi se perdeu, que nunca lhi fiz bem.
  
Quand'eu a Sam Momede fui e nom vi
meu amigo, com que quisera falar
a mui gram sabor, nas ribeiras do mar,
sospirei no coraçom e dix'assi:
- Pois i nom vem, sei ũa rem:
por mi se perdeu, que nunca lhi fiz bem.
  
Depois que fiz na ermida oraçom
e nom vi o que mi queria gram bem,
com gram pesar filhou-xi-me gram tristem
e dix'eu log[o]assi esta razom:
- Pois i nom vem, sei ũa rem:
por mi se perdeu, que nunca lhi fiz bem.

Amigo, se mi gran ben queredes,
id’ a San Momed’ e veer m’ edes;
oje non mi mençades, amigo!

Pois mh aqui ren non podedes dizer,
id’ u ajades comigo lezer;
oje non mi mençades, amigo!

Serei vosc' en San Momede do mar
na ermida, se mho Deus aguisar;
oje nom mi meçades, amigo!

 
Cancioneiro da Vaticana - V 873.
 
Cancioneiro da Vaticana - V 874.
 
Cancioneiro da Vaticana - V 875.


  Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.