Abrir o menú principal


Follas novas 1880 Rosalía Castro de Murguía.pdf



XVI



   Cand'o era tempo d'inverno
Pensaba en dond'estarias,
Cand'era tempo de sol,
Pensaba en dond'andarías.
¡Agora... tan soyo penso,
Meu ben, si m'olvidarías!


<<<< >>>>