Abrir o menú principal

Cantiga XII : O que a Santa Maria mais despraz


Cantiga XII (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria se queixou en Toledo eno dia de ssa festa de agosto, porque os judeus crucifigavan a omagen de cera, a semellança de seu fillo.

O que a Santa Maria mais despraz,
é de quen ao seu Fillo pesar faz.

E daquest' un gran miragre | vos quer' eu ora contar,
que a Reinna do Ceo | quis en Toledo mostrar
eno dia que a Deus foi corõar,
na sa festa que no mes d'Agosto jaz.

O que a Santa Maria mais despraz,
é de quen ao seu Fillo pesar faz.

O Arcebispo aquel dia | a gran missa ben cantou;
e quand' entrou na segreda | e a gente se calou,
oyron voz de dona, que lles falou
piadosa e doorida assaz.

O que a Santa Maria mais despraz,
é de quen ao seu Fillo pesar faz.

E a voz, come chorando, | dizia: «Ay Deus, ai Deus,
com' é mui grand' e provada | a perfia dos judeus
que meu Fillo mataron, seendo seus,
e aynda non queren conosco paz.»

O que a Santa Maria mais despraz,
é de quen ao seu Fillo pesar faz.

Poi-la missa foi cantada, | o Arcebispo sayu
da eigreja e a todos | diss' o que da voz oyu;
e toda a gent' assi lle recodyu:
«Esto fez o poblo dos judeus malvaz.»

O que a Santa Maria mais despraz,
é de quen ao seu Fillo pesar faz.

Enton todos mui correndo | começaron logo d'ir
dereit' aa judaria, | e acharon, sen mentir,
omagen de Jeso-Crist', a que ferir
yan os judeus e cospir-lle na faz.

O que a Santa Maria mais despraz,
é de quen ao seu Fillo pesar faz.

E sen aquest', os judeus | fezeran a cruz fazer
en que aquela omagen | querian logo põer.
E por est' ouveron todos de morrer,
e tornou-xe-lles en doo seu solaz.


O que a Santa Maria mais despraz,
é de quen ao seu Fillo pesar faz.

Anterior:
Cantiga XI : Macar ome per folia
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XIII : Assi como Jesu-Cristo