Abrir o menú principal


Cantiga XI (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é de como Santa Maria tolleu a alma do monge que ss' affogara no rio ao demo, e feze-o ressocitar.

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

Poren direi todavia
com' en ha abadia
un tesoureiro avia,
monge que trager
con mal recado
a ssa fazenda sabia,
por a Deus perder,
o malfadado.
Macar ome per folia...

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

Sen muito mal que fazia,
cada noyt' en drudaria
a hua sa druda ya
con ela ter
seu gasallado;
pero ant' «Ave Maria»
sempr' ya dizer
de mui bon grado.
Macar ome per folia...

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

Quand' esto fazer queria,
nunca os sinos tangia,
e log' as portas abria
por ir a fazer
o desguisado;
mas no ryo que soya
passar foi morrer
dentr' afogado.
Macar ome per folia...

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

E u ll' a alma saya,
log' o demo a prendia
e con muy grand' alegria
foi pola põer
no fog' irado;
mas d' angeos conpania
pola socorrer
vo privado.
Macar ome per folia...

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

Gran refferta y crecia,
ca o demo lles dizia:
«Ide daqui vossa via,
que dest' alm' aver
é juigado,
ca fez obras noit' e dia
senpr' a meu prazer
e meu mandado.»
Macar ome per folia...

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

Quando est' a conpann' oya
dos angeos, sse partia
dali triste, pois viya
o demo seer
ben rezõado;
mas a Virgen que nos guía
non quis falecer
a seu chamado.
Macar ome per folia...

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

E pois chegou, lles movía
ssa razon con preitesia
que per ali lles faria
a alma toller
do frad' errado,
dizendo-lles: «Ousadia
foi d'irdes tanger
meu comendado.»
Macar ome per folia...

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

O demo, quand' entendía
esto, con pavor fugia;
mas un angeo corria
a alma prender,
led' afícado,
e no corpo a metia
e fez-lo erger
ressucitado.
Macar ome per folia...

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

O convento atendia
o syno a que ss' ergia,
ca des peça non durmia;
poren sen lezer
ao sagrado
foron, e à agua ffria,
u viron jazer
o mui culpado.
Macar ome per folia...

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

Tod' aquela crerezia
dos monges logo liia
sobr' ele a ledania,
polo defender
do denodado
demo; mas a Deus prazia,
e logo viver
fez o passado.
Macar ome per folia...

Macar ome per folia
aginna caer
pod' en pecado,
do ben de Santa Maria
non dev' a seer
desasperado.

Anterior:
Cantiga X : Rosa das rosas
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XII : O que a Santa Maria mais despraz