Abrir o menú principal

Cantiga XVII : Sempre seja beita e loada


Cantiga XVII (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é de como Santa Maria guardou de morte a onrrada dona de Roma a que o demo acusou pola fazer queimar.

Sempre seja beita e loada
Santa Maria, a noss' avogada.

Maravilloso miragre d'oir
vos quer' eu ora contar sen mentir,
de como fez o diabre fogir
de Roma a Virgen de Deus amada.
Sempre seja beita e loada...

En Roma foi, ja ouve tal sazon,
que ha dona mui de coraçon
amou a Madre de Deus; mas enton
soffreu que fosse do demo tentada.
Sempre seja beita e loada...

A dona mui bon marido perdeu,
e con pesar del per poucas morreu;
mas mal conorto dun fillo prendeu
que del avia, que a fez prennada.
Sempre seja beita e loada...

A dona, pois que prenne se sentiu,
gran pesar ouve; mas depois pariu
un fill', e u a nengu non viu
mató-o dentr' en sa cas' ensserrada.
Sempre seja beita e loada...

En aquel tenpo o demo mayor
tornou-ss' en forma d' ome sabedor,
e mostrando-sse por devador,
o Emperador lle fez dar soldada.
Sempre seja beita e loada...

E ontr' o al que soub' adevyar,
foy o feito da dona mesturar;
e disse que llo queria provar,
en tal que fosse log' ela queimada.
Sempre seja beita e loada...

E pero ll' o Emperador dizer
oyu, ja per ren non llo quis creer;
mas fez a dona ante ssi trager,
e ela vo ben aconpannada.
Sempre seja beita e loada...

Poi-lo Emperador chamar m[a]ndou
a dona, logo o dem' ar chamou,
que lle foi dizer per quanto passou,
de que foi ela mui maravillada.
Sempre seja beita e loada...

O Emperador lle disse: «Moller
bõa, de responder vos é mester.»
«O ben», diss' ela, «se prazo ouver
en que eu possa seer conssellada.»
Sempre seja beita e loada...

O emperador lles pos praz' atal:
«D'oj'a tres dias, u non aja al,
venna provar o maestr' este mal;
se non, a testa lle seja tallada.»
Sempre seja beita e loada...

A bõa dona se foi ben dali
a un' eigreja, per quant' aprendi,
de Santa Maria, e diss' assi:
«Sennor, acorre a tua coitada.»
Sempre seja beita e loada...

Santa Maria lle diss': «Est' affan
e esta coita que tu ás de pran
faz o maestre; mas mos que can
o ten en vil, e sei ben esforçada.»
Sempre seja beita e loada...

A bõa dona sen niun desden
ant' o Emperador aque-a ven;
mas o demo enton per nulla ren
nona connoceu nen lle disse nada.
Sempre seja beita e loada...

Diss' o Emperador: «Par San Martin,
maestre, mui pret' é a vossa fin.»
Mas foi-ss' o demo e fez-ll' o bocin,
e derribou do teit' ha braçada.
Sempre seja beita e loada...

Anterior:
Cantiga XVI : Quen dona fremosa e bõa quiser amar
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XVIII : Por nos de dulta tirar