Abrir o menú principal

Cantiga XVI : Quen dona fremosa e bõa quiser amar


Cantiga XVI (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria converteu un cavaleiro namorado, que ss' ouver' a desasperar porque non podia aver sa amiga.

Quen dona fremosa e bõa quiser amar,
am' a Groriosa e non poderá errar.

E desta razon vos quer' eu agora dizer
fremoso miragre, que foi en França fazer
a Madre de Deus, que non quiso leixar perder
un namorado que ss' ouver' a desasperar.
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

Este namorado foi cavaleiro de gran
prez d'armas, e mui fremos' e apost' e muy fran;
mas tal amor ouv' a ha dona, que de pran
cuidou a morrer por ela ou sandeu tornar.
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

E pola aver fazia o que vos direi:
non leixava guerra nen lide nen bon tornei,
u se non provasse tan ben, que conde nen rey
polo que fazia o non ouvess' a preçar.
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

E, con tod' aquesto, dava seu aver tan ben
e tan francamente, que lle non ficava ren;
mas quando dizia aa dona que o sen
perdia por ela, non llo queri' ascoitar.
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

Macar o cavaleir' assi despreçar se viu
da que el amava, e seu desamor sentiu,
pero, con tod' esto, o coraçon non partiu
de querer seu ben e de o mais d'al cobiiçar.
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

Mas con coita grande que tia no coraçon,
com' ome fora de seu siso, se foi enton
a un sant' abade e disse-ll' en confisson
que a Deus rogasse que lla fezesse gãar.
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

O sant' abade, que o cavaleiro sandeu
vyu con amores, atan toste ss' apercebeu
que pelo dem' era; e poren se trameteu
de buscar carreira pera o ende tirar.
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

E poren lle disse: «Amigo, creed' a mi,
se esta dona vos queredes, fazed' assi:
a Santa Maria a pedide des aqui,
que é poderosa e vo-la poderá dar.
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

E a maneyra en que lla devedes pedir
é que duzentas vezes digades, sen mentir,
«Ave Maria, d'oj' a un ano, sen falir,
cada dia, en gollos ant' o seu altar.»
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

O cavaleiro fez todo quanto ll' el mandou
e tod' ess' ano sas Aves-Marias rezou,
senon poucos dias que na cima en leixou
con coita das gentes que yan con el falar.
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

Mas o cavaleiro tant' avia gran sabor
de comprir o ano, cuidand' aver sa sennor,
que en un' ermida da Madre do Salvador
foi conprir aquelo que fora ant' obridar.
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

E u el estava en aqueste preit' atal,
mostrand' a Santa Maria ssa coit' e seu mal,
pareceu-lle log' a Reinna esperital,
tan fremos' e crara que a non pod' el catar;
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

E disse-ll' assi: «Toll' as mãos dante ta faz
e para-mi mentes, ca eu non tenno anfaz;
de mi e da outra dona, a que te mais praz
filla qual quiseres, segundo teu semellar.»
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

O cavaleiro disse: «Sennor, Madre de Deus,
tu es a mais fremosa cousa que estes meus
ollos nunca viron; poren seja eu dos teus
servos que tu amas, e quer' a outra leixar.»
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

E enton lle disse a Sennor do mui bon prez:
«Se me por amiga queres aver, mais rafez,
tanto que est' ano rezes por mi outra vez
quanto pola outra antano fuste rezar.»
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

Poi-la Groriosa o cavaleiro por seu
fillou, des ali rezou el, e non lle foi greu,
quanto lle mandara ela; e, com' oý eu,
na cima do ano foy-o consigo levar.
Quen dona fremosa e bõa quiser amar...

Anterior:
Cantiga XV : Todo-los Santos que son no Ceo
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XVII : Sempre seja beita e loada