Abrir o menú principal

Co seu ẍordo e constante mormorio


Follas novas 1880 Rosalía Castro de Murguía.pdf




XVIII



Co seu ẍordo e constante mormorio
Atraim'o oleaẍen d'ese mar bravIo,
Cal atrai d'as serenas o cantar.
— N'este meu leito misterioso e frio,
Díme, ven brandamente á descansar.



El namorado está de min... o deño,
      y eu namorada d'el.
Pois saldremos c'o empeño,
Que s'el me chama sin parar, eu teño
Un-has ansias mortais d'apousar n'el.



<<<< >>>>