Constitución española de 1931/Título IX
Constitución Española:Título IX Cortes Españolas
TÍTULO IX: Garantías e reforma da Constitución
editarArtigo 121
Establécese, con xurisdición en todo o territorio da República, un Tribunal de Garantías Constitucionais, que terá competencia para coñecer de
a) O recurso de inconstitucionalidade das leis.
b) O recurso de amparo de garantías individuais, cando houber sido ineficaz a reclamación ante outras autoridades.
c) Os conflitos de competencia lexislativa e cantos outros xurdan entre o Estado e as rexións autónomas e os destas entre si.
d) O exame e aprobación dos poderes dos compromisarios que xuntamente coas Cortes elixen o Presidente da República.
e) A responsabilidade criminal do xefe do Estado, do Presidente do Consello e dos Ministros.
f) A responsabilidade criminal do presidente e os maxistrados do Tribunal Supremo e do Fiscal da República.
"España, en uso da súa soberanía, e representada polas Cortes Constituíntes, decreta e sanciona esta Constitución."
Palacio das Cortes Constituíntes a 9 de Decembro de 1931.
Anterior: Título VIII |
Constitución española de 1931 |