Constitución española de 1931/Título VI
Constitución Española:Título VI Cortes Españolas
TÍTULO VI: Goberno
editarArtigo 86
O Presidente do Consello e os Ministros constitúen o Goberno.
Artigo 87
O Presidente do Consello de Ministros dirixe e representa a política xeral do Goberno. Aféctanlle as mesmas incompatibilidades establecidas no art. 70 para o Presidente da República.
Aos Ministros corresponde a alta dirección e xestión dos servizos públicos asignados aos diferentes Departamentos ministeriais.
Artigo 88
O Presidente da República, a proposta do Presidente do Consello, poderá nomear un ou máis Ministros sen carteira.
Artigo 89
Os membros do Goberno terán a dotación que determinen as Cortes. Mentres exerzan as súas funcións, non poderán desempeñar profesión algunha, nin intervir directa ou indirectamente na dirección ou xestión de ningunha empresa nin asociación privada.
Artigo 90
Corresponde ao Consello de Ministros, principalmente, elaborar os proxectos de lei que haxa de someter ao Parlamento; ditar decretos; exercer a potestade regulamentaria, e deliberar sobre todos os asuntos de interese público.
Artigo 91
Os membros do Consello responden o Congreso solidariamente da política do Goberno, e individualmente da súa propia xestión ministerial.
Artigo 92
O Presidente do Consello e os Ministros son, tamén, individualmente responsables, na orde civil e no criminal, polas infraccións da Constitución e das leis.
En caso de delito, o Congreso exercerá a acusación ante o Tribunal de Garantías Constitucionais na forma que a lei determine.
Artigo 93
Unha lei especial regulará a creación e o funcionamento dos órganos asesores e de ordenación económica da Administración, do Goberno e das Cortes.
Entre estes organismos figurará un Corpo consultivo supremo da República en asuntos de Goberno e Administración, cuxa composición, atribucións e funcionamento serán regulados pola devandita lei.
Anterior: Título V |
Constitución española de 1931 | Seguinte: Título VII |