Conversa:A arte da guerra

Poño esta nota porque a pesares de tere rematada a tradución do libro, non estou satisfeito. E ademáis, vin outras versións con notas xa moi vellas que poden ser introducidas, como de autores chineses. Por eso, invito a mellorar o que está feito deste libro que considero moi interesante. o anterior comentario fíxoo Agremon (conversa • contribucións) o 11 de marzo de 2006 ás 21:30 UTC


Introdución (engadida)

editar
"En esencia, a arte da guerra é a arte da vida"

Sun Tzu foi un xeneral chinés que viviu arredor do século V antes de Cristo. A colección de ensaios arredor da arte da guerra atribuída a Sun Tzu é o tratado sobre ese tema máis antigo que se coñece. A pesar da súa antigüidade, esta obra domina sobre calquera outra versada no tema.

A súa obra chegou por primeira vez a Europa no período anterior á Revolución Francesa, en forma dunha breve tradución realizada por un xesuita.

O núcleo da filosofía expresada na obra descansa en dous principios:

  1. Toda a arte da guerra baséase no engaño.
  2. A suprema arte da guerra é submeter ó inimigo sen loitar.

As ideas de Sun Tzu estendéronse polo resto de Asia ata chegar a Xapón. Os xaponeses adoptaron rapidamente estas ensinanzas e, posiblemente, engadiron algunhas da súa propia colleita. Hai constancia de que o principal libro xaponés sobre o tema, O libro dos Cinco Aneis, está influído pola filosofía de Sun Tzu, xa que o seu autor, Miyamoto Mushashi, estudou o tratado d'A arte da Guerra durante a súa formación como samurai.

Habitualmente faise referencia ás culturas orientais como culturas de estratexia e parece que non é pequena a influencia de Sun Tzu neste desenvolvemento cultural. Hoxe en día, a filosofía da arte da guerra foi máis aló dos límites estritamente "militares", aplicándose ós negocios, ós deportes, á diplomacia e aínda ó comportamento persoal. Por exemplo, moitas frases clave dos manuais modernos de xestión de empresas, son na realidade citas literais da obra de Sun Tzu (cambiando, por exemplo, exército por empresa, ou armamento por recursos, sen ir máis lonxe). As ideas seguen sendo completamente válidas a pesares dos 25 séculos transcorridos dende que se escribiron.

Non é un libro doado. Convén lelo amodo meditando no sentido das ideas expresadas nas frases, non quedándose a cita literal. Só desta forma poderase sacar o máximo proveito ó seu estudo. Coido que pode dar moito xogo como libro de cabeceira por unha tempada, aplicando a súa lectura a diversos aspectos da vida.

Que o disfrutedes.

N.B. : Introdución feita por Usuario:Agremon e traida da páxina principal por Elvire o 10 de maio 2009 Elvire 09:23, 10 Maio 2009 (UTC)


Volver á páxina "A arte da guerra".