Conversa:Normativa oficial do galego - O alfabeto

Nas normas o nome da letra h aparece hache non agá.--Rocastelo 16:36, 1 maio 2005 (UTC)

  • Perdón pola redundancia pero ¿hagá non se escrebe con h? --Alyssalover(fálame) 17:03, 1 maio 2005 (UTC)
  • Entón podería ser unha páxina coas normas modificadas, ou con erros; no libro das normas que eu teño do 2003 aparece hache, e que eu saiba non sofreu modificación posterior ningunha --Rocastelo 17:20, 1 maio 2005 (UTC)
  • Estiven investigando un pouco e parece que ese arquivo PDF está feito sobre outro da ASPG [1] que por algunha razón mudaron o hache a agá, polo demais non atopei outros erros. Nesta páxina crítica coa normativa pode verse que segue a ser hache a forma da letra [2], o mesmo que estoutra [3] que comenta as mudanzas a ce hache, ou esta de AGAL [4] que volve a falar de ce hache, polo tanto vou cambiar o artigo a hache, se alguén está en desacordo, voltarei a poñer agá e a discusión será mellor que se realice na Taberna.--Rocastelo 17:50, 1 maio 2005 (UTC)
  • Haberá que andar con ollo, se mudaron iso puderon cambiar outras cousas. Saúdos. --Prevert(talk) 18:05, 1 maio 2005 (UTC)
  • Levo un anaco procurando outra versión das normas pero nada. Quen as deberia facilitar e promover parece que se desentende...

Atopei este esquema-resumo das variacións [nesta páxina] con respeito ás normas anteriores. Cotexei os dous documentos por riba e penso que coinciden (se ben a numeración deste último parece errónea). Non quero pasar todo o traballo e logo que non valla de nada, ainda que confio no pdf que estou a usar. Efectivamente, por outra banda, h denomina-se hache. Vou continuar, logo, co que estaba a facer. Xosé(Contacto) 19:00, 1 maio 2005 (UTC)

Iniciar unha conversa sobre "Normativa oficial do galego - O alfabeto"

Iniciar unha conversa
Volver á páxina "Normativa oficial do galego - O alfabeto".