Conversa:Normativa oficial do galego - O artigo
Ola, unha pregunta... Esa lista de topónimos que deben levar artigo, cal é a súa referencia? Porque polo que eu lembre non está en ningún capítulo das Normas, e entón o de oficial non é moi exacto. Por outra parte, iso obrigaría a mudar moitos artigos da wikipedia (p.ex. todos os que fan referencia a Brasil). Particularmente, creo que indicar como topónimo O Riyad é un gran disparate: mudarlle o artigo e deixarlle o y que procede da transcrición inglesa... Podes dar a fonte? --Xabier Cid 11:37, 23 marzo 2007 (UTC)
- Semella que escribiches a mensaxe cando xa tiña revertido esa mudanza, como xa dixen na páxina de discusión de Xoán Carlos Fraga nós non podemos ser fonte primaria polo tanto calquera variación das normas que non estea nas propias normas debe desfacerse, outra cousa é que se teñan en conta unhas fontes ou outras para guiar o noso traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:43, 23 marzo 2007 (UTC)
Iniciar unha conversa sobre "Normativa oficial do galego - O artigo"
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wikisource sexa o mellor posible. Podes usar esta páxina para iniciar unha conversa con outras persoas sobre como mellorar "Normativa oficial do galego - O artigo".