Grazas polas contribucións que permitiron acadar os 100 documentos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:04, 5 Novembro 2007 (UTC)

  • Ola, porque divides leis como a constitución en artigos distintos? Nunca se fixo así e da lugar a equívoco e non favorece a consulta das fontes. Non se debería homoxeneizar o uso? Eu o pouco que creei seguín o xa feito e paréceme o máis lóxico. Saúdos. --Lansbricae 18:36, 6 Novembro 2007 (UTC)
  • Entendo, pero en dereito o título preliminar dunha lei non é un documento, e non se trata de darlle ao scroll, para eso está o índice. Se eu quero buscar un título determinado do Lei de patrimonio histórico de Galicia clico na ligazón e lévame e respeto a integridade do documento legal orixinal. Non hai norma oficial tes razón, pero polo que eu sei o consenso que se seguía non é o de dividir un documento xa que polo menos no tema de leis non é unha boa alternativa. Supoño que os ingleses se teñen moitos artigos e xente para mantelos farán esas particións, pero o noso caso non semella similar a eles. Outra cousa sería a decisión de por onde partir as leis, en títulos, en capítulos, en artigos, que o fas casuísticamente, dependendo do tamaño? Non sei, de todolos xeitos parabéns polo traballo, pero non esquezas que non eres tí só o que pasa por aquí, algúns pasan e non só para copiar e pegar. saúdos. --Lansbricae 09:08, 7 Novembro 2007 (UTC)
  • home pero nos somos tamén persoas e falabs de ninguén. Sen problema que os separes só que estatísticamente non se reflexan os documentos reais, pero non teño ningún problema. E pareceríame moi ben que foses elexido ou nomeado administrador de wikifontes para darlle unha reactivación. Para o meu entender tería que ser xunto co galicionario as bases de apoio principais da Galipedia. Parabéns polo teu traballo. --Lansbricae 21:19, 7 Novembro 2007 (UTC)

Iniciar unha conversa con Fryant

Iniciar unha conversa