Código Civil español/LIBRO PRIMEIRO: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
comezo e Artigo 17
 
Liña 16:
 
2. A filiación ou o nacemento en [[w:España|España]], cuia determinación se produza despois dos dezaoito anos de idade, non son por sí sos causa de adquisición da nacionalidade española. O interesado ten entón dereito a optar pola nacionalidade española de orixe no prazo de dous anos a contar dende aquela determinación.
 
:Artigo 18
 
A posesión e utilización continuada da nacionalidade española durante dez anos, con boa fe e basada nun título inscrito no Rexistro Civil, é causa de consolidación da nacionalidade aínda que se anule o título que a orixinou.
 
:Artigo 19
 
1. O extranxeiro menor de dezaoito anos adoptado por un español adquire, dende a adopción, a nacionalidade española de orixe.
 
2. Se o adoptado é maior de dezaoito anos poderá optar pola nacionalidade española de orixe no prazo de dous anos a partir da constitución da adopción.
 
=Vexa tamén=