Código Civil español/LIBRO PRIMEIRO: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 26:
 
2. Se o adoptado é maior de dezaoito anos poderá optar pola nacionalidade española de orixe no prazo de dous anos a partir da constitución da adopción.
 
:Artigo 20
 
1. Teñen dereito a optar pola nacionalidade española:
 
a) As persoas que estexan ou estivesen suxeitas á patria potestade dun español.
 
''b) Aquelas cuio pai ou nai fose orixinariamente español e nacido en [[w:España|España]].'' {{ref|1}}
 
c) As que se atopen comprendidas no segundo apartado dos artigos 17 e 19.
 
2. A declaración de opción formularase:
 
a) Polo representante legal do optante, menor de catorce anos ou incapacitado. Neste caso, a opción require autorización do encargado do Rexistro Civil do domicilio do declarante, previo dictame do Ministerio Fiscal. Dita autorización concederase en interés do menor ou incapaz.
 
b) Polo propio interesado, asistido polo seu representante legal, cando aquél sexa maior de catorce anos ou cando, aínda estando incapacitado, así o permita a sentencia de incapacitación.
 
c) Polo interesado, por sí só, se está emancipado ou é maior de dezaoito anos. A opción caducará ós vinte anos de idade, pero se o optante non estivese emancipado segundo a súa lei persoal ó chegar ós dezaoito anos, o prazo para optar prolongarase ata que transcorran dous anos dende a emancipación.
 
d) Polo interesado, por sí só, dentro dos dous anos seguintes á recuperación da plena capacidade. Exceptúase o caso no que caducase o dereito de opción conforme ó parágrafo c.
 
''3. Non obstante o disposto no apartado anterior, o exercicio do dereito de opción previsto no apartado 1.b deste artigo non estará suxeito a límite algún de idade.'' {{ref|2}}
 
=Vexa tamén=