Constitución española de 1978: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fryant (conversa | contribucións)
Fryant (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
 
==Título II==
'''Da Coroa'''
Artigo 56
 
1. O rei é o xefe do Estado, símbolo da súa unidade e permanencia, arbitra e modera o funcionamento regular das institucións, asume a máis alta representación do Estado español nas relacións internacionais, especialmente coas nacións da súa comunidade histórica, e exerce as funcións que lle atribúen expresamente a Constitución e mailas leis.
2. O seu título é o de rei de España e poderá facer uso dos demais que lle correspondan á Coroa.
3. A persoa do rei é inviolable e non está suxeita a responsabilidade. Os seus actos estarán sempre referendados na forma establecida no artigo 64, carecendo de validez sen ese referendo, agás o disposto no artigo 65.2.
Artigo 57
 
1. A Coroa de España é hereditaria nos sucesores da S.M. don Juan Carlos I de Borbón, lexítimo herdeiro da dinastía histórica. A sucesión no trono seguirá a orde regular de primoxenitura e representación, sendo preferida sempre a liña anterior ás posteriores; na mesma liña, o grao máis próximo ó máis remoto; no mesmo grao, o varón á muller, e no mesmo sexo, a persoa de máis idade á de menos.
2. O príncipe herdeiro, dende o seu nacemento ou desque se produza o feito que orixine o chamamento, terá a dignidade de príncipe de Asturias e os demais títulos vinculados tradicionalmente ó sucesor da Coroa de España.
3. Extinguidas tódalas liñas chamadas en dereito, as Cortes Xerais proverán a sucesión na Coroa na forma que máis conveña ós intereses de España.
4. Aquelas persoas que tendo dereito á sucesión no trono contraian matrimonio contra a expresa prohibición do rei e das Cortes Xerais quedarán excluídas na sucesión á Coroa elas e os seus descendentes.
5. As abdicacións e renuncias e calquera dúbida de feito ou de dereito que ocorra na orde de sucesión á Coroa resolveranse por unha lei orgánica.
Artigo 58
 
A raíña consorte ou o consorte da raíña non poderán asumir funcións constitucionais, fóra do disposto para a rexencia.
Artigo 59
 
1. Cando o rei for menor de idade, o pai ou a nai do rei e, no seu defecto, o parente máis vello máis próximo a suceder na Coroa segundo a orde establecida na Constitución entrará a exercer inmediatamente a rexencia e exerceraa durante o tempo da minoría de idade do rei.
2. Se o rei quedase inhabilitado para o exercicio da súa autoridade e a imposibilidade fose recoñecida polas Cortes Xerais, entrará a exercer inmediatamente a rexencia o príncipe herdeiro da Coroa, de ser maior de idade. De non o ser, procederase da maneira prevista no apartado anterior, ata que o príncipe herdeiro chegue á maioría de idade.
3. Se non houbese ningunha persoa a quen lle corresponda a rexencia, esta será nomeada polas Cortes Xerais, e compoñerase dunha, tres ou cinco persoas.
4. Para o exercicio da rexencia cómpre ser español e maior de idade.
5. A rexencia exercerase por mandamento constitucional e sempre en nome do rei.
Artigo 60
 
1. Será titor do rei menor a persoa que no seu testamento nomeara o rei defunto, sempre que sexa maior de idade e español de nacemento; se non o nomeara, será titor o pai ou a nai, mentres permanezan viúvos. No seu defecto, nomearano as Cortes Xerais, pero non poderán acumularse os cargos de rexente e titor senón no pai, nai ou ascendentes directos do rei.
2. O exercicio da tutela é tamén incompatible co de todo cargo ou representación política.
Artigo 61
 
1. O rei, ó ser proclamado perante as Cortes Xerais, prestará xuramento de desempeñar fielmente as súas funcións, gardar e facer que se garde a Constitución e mailas leis e que se respecten os dereitos dos cidadáns e das comunidades autónomas.
2. O príncipe herdeiro, ó chegar á maioría de idade, e o rexente ou rexentes, ó se faceren cargo das súas funcións, prestarán o mesmo xuramento, así como o de fidelidade ó rei.
Artigo 62
 
Correspóndelle ó rei:
a) A sanción e a promulgación das leis.
b) A convocatoria e disolución das Cortes Xerais e a convocatoria de eleccións nos termos previstos na Constitución.
c) Convocar a referendo nos casos previstos na Constitución.
d) Propoñer candidato a presidente do Goberno e, se é o caso, nomealo, así como poñer fin ás súas funcións nos termos previstos na Constitución.
e) Nomear e separa-los membros do Goberno, por proposta do seu presidente.
f) Expedi-los decretos acordados no Consello de Ministros, conferi-los empregos civís e militares e a concesión de honores e distincións de acordo coas leis.
g) Ser informado dos asuntos de Estado e presidir, para estes efectos, as sesións do Consello de Ministros, cando o estime oportuno, por petición do presidente do Goberno.
h) O mando supremo das Forzas Armadas.
i) O exercicio do dereito de gracia de acordo coa lei, que non poderá autorizar indultos xerais.
j) O alto padroado das reais academias.
Artigo 63
 
1. O rei acredita os embaixadores e outros representantes diplomáticos. Os representantes estranxeiros en España están acreditados ante el.
2. Ó rei correspóndelle a manifestación do consentimento do Estado para se obrigar internacionalmente por medio de tratados, de conformidade coa Constitución e as leis.
3. Ó rei correspóndelle, logo da autorización das Cortes Xerais, declara-la guerra e face-la paz.
Artigo 64
 
1. Os actos do rei serán referendados polo presidente do Goberno e, se cómpre, polos ministros competentes. A proposta e o nomeamento do presidente do Goberno, e a disolución prevista no artigo 99, serán referendados polo presidente do Congreso.
2. Dos actos do rei serán responsables as persoas que os referenden.
Artigo 65
 
1. O rei recibe dos orzamentos do Estado unha cantidade global para sustento da súa familia e casa, e distribúea libremente.
2. O rei nomea e releva libremente os membros civís e militares da súa casa.
 
==Título III==