Constitución española de 1978: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fryant (conversa | contribucións)
Fryant (conversa | contribucións)
Liña 287:
 
 
==Título VII==
'''Economía e facenda'''
Artigo 128
 
1. Toda a riqueza do país nas súas distintas formas e calquera que sexa a súa titularidade está subordinada ó interese xeral.
2. Recoñécese a iniciativa pública na actividade económica. Mediante lei poderánselle reservar ó sector público recursos ou servicios esenciais, especialmente no caso de monopolio, e tamén acorda-la intervención de empresas cando así o esixa o interese xeral.
Artigo 129
 
1. A lei establecerá as formas de participación dos interesados na Seguridade Social e na actividade dos organismos públicos con función que afecte directamente a calidade da vida ou o benestar xeral.
2. Os poderes públicos promoverán con eficacia as diversas formas de participación na empresa e fomentarán mediante unha lexislación axeitada as sociedades cooperativas. Tamén establecerán os medios que faciliten o acceso dos traballadores á propiedade dos medios de producción.
Artigo 130
 
1. Os poderes públicos atenderán a modernización e desenvolvemento de tódolos sectores económicos e, en particular, da agricultura, da gandería, da pesca e da artesanía, co fin de equipara-lo nivel de vida de tódolos españois.
2. Co mesmo fin outorgaráselles un tratamento especial ás zonas de montaña.
Artigo 131
 
1. O Estado mediante lei poderá planifica-la actividade económica xeral para atende-las necesidades colectivas, equilibrar e harmoniza-lo desenvolvemento rexional e sectorial e estimula-lo crecemento da renda e da riqueza e a súa máis xusta distribución.
2. O Goberno elaborará os proxectos de planificación de acordo coas previsións que lle sexan subministradas polas comunidades autónomas e o asesoramento e colaboración dos sindicatos e outras organizacións profesionais, empresariais e económicas. A tal fin constituirase un consello, cunha composición e cunhas funcións que se desenvolverán por lei.
Artigo 132
 
l. A lei regulará o réxime xurídico dos bens de dominio público e dos comunais, inspirándose nos principios de inalienabilidade, imprescritibilidade e inembargabilidade, así como a súa desafectación.
2. Son bens de dominio público estatal os que determine a lei e, en todo caso, a zona marítimo-terrestre, as praias, o mar territorial e os recursos naturais da zona económica e a plataforma continental.
3. Regularanse por lei o patrimonio do Estado e o patrimonio nacional, a súa administración, defensa e conservación.
Artigo 133
 
1. A potestade orixinaria para establece-los tributos correspóndelle exclusivamente ó Estado, mediante lei.
2. As comunidades autónomas e as corporacións locais poderán establecer e esixir tributos de acordo coa Constitución e coas leis.
3. Todo beneficio fiscal que afecte os tributos do Estado deberase establecer por lei.
4. As administracións públicas só poderán contraer obrigas financeiras e realizar gastos de acordo coas leis.
Artigo 134
 
l. Correspóndelle ó Goberno a elaboración dos orzamentos xerais do Estado e ás Cortes Xerais o seu exame, emenda e aprobación.
2. Os orzamentos xerais do Estado terán carácter anual, incluirán a totalidade dos gastos e ingresos do sector público estatal e neles consignarase o importe dos beneficios fiscais que afecten ós tributos do Estado.
3. O Goberno deberá presentar perante o Congreso dos Deputados os orzamentos xerais do Estado cando menos tres meses antes da expiración dos do ano anterior.
4. Se a Lei de orzamentos non se aprobase antes do primeiro día do exercicio económico correspondente, consideraranse automaticamente prorrogados os orzamentos do exercicio anterior ata a aprobación dos novos.
5. Aprobados os orzamentos xerais do Estado, o Goberno poderá presentar proxectos de lei que impliquen aumento do gasto público ou diminución dos ingresos correspondentes ó mesmo exercicio orzamentario.
6. Toda proposición ou emenda que supoña aumento dos créditos ou diminución dos ingresos orzamentarios requirirá a conformidade do Goberno para a súa tramitación.
7. A Lei de orzamentos non pode crear tributos. Poderá modificalos cando estea previsto nunha lei tributaria substantiva.
Artigo 135
 
1. O Goberno terá que estar autorizado por lei para emitir débeda pública ou contraer crédito.
2. Os créditos para satisface-lo pago de intereses e capital da débeda pública do Estado consideraranse sempre incluídos no estado de gastos dos orzamentos e non poderán ser obxecto de emenda ou modificación, mentres se axusten ás condicións da lei de emisión.
Artigo 136
 
1. O Tribunal de Contas é o supremo órgano fiscalizador das contas e da xestión económica do Estado, así como do sector público.
Dependerá directamente das Cortes Xerais e exercerá as súas funcións por delegación delas no exame e comprobación da Conta xeral do Estado.
2. As contas do Estado e do sector público estatal renderánselle ó Tribunal de Contas e serán censuradas por este.
O Tribunal de Contas, sen perda da súa propia xurisdicción, remitiralle ás Cortes Xerais un informe anual no que, cando proceda, comunicará as infraccións ou responsabilidades nas que, ó seu xuízo, se incorrese.
3. Os membros do Tribunal de Contas gozarán da mesma independencia e inamovibilidade e estarán sometidos ás mesmas incompatibilidades cós xuíces.
4. Unha lei orgánica regulará a composición, organización e funcións do Tribunal de Contas.
 
==Título VIII==