Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 2:

*[[Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005/Preámbulo]]

==TÍTULO PRELIMINAR==
====Artigo 1. A Nación galega====
1. A Nación galega constitúe unha comunidade política, democrática, social e de
dereito que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a
dignidade humana, a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político, e
se integra como comunidade autónoma no seo do Estado español.

2. Os poderes públicos galegos asumen como tarefas principais a defensa e
afortalamento da identidade e dos intereses do país así como a promoción da
solidariedade entre os cidadáns e cidadás de Galiza e a súa participación na
vida social, cultural, económica, científica e política da Nación.

==== Artigo 2. O territorio de Galiza ====

O territorio de Galiza abrangue o dos concellos que actualmente forman parte da
Comunidade Autónoma de Galiza.

====Artigo 3. A língua galega====
1. O galego é a lingua propia e oficial de Galiza. Todos os cidadáns e cidadás
galegas teñen a obriga de coñecelo e o dereito a usalo.

2. O castelán será co-oficial no territorio de Galiza.

3. Os poderes públicos de Galiza garantirán os dereitos lingüísticos dos galegos
e galegas, potenciarán o emprego da lingua galega en todos os eidos da vida
pública, cultural e informativa e disporán os medios necesarios para facilitar o
seu coñecemento. Todos os funcionarios e traballadores ao seu servizo teñen a
obriga de o usar no desempeño da súas funcións. O emprego do castelán
realizarse a pedimento de parte.

4. Ningúen poderá sufrir discriminación por razón da lingua.

5. O galego, como lingua propia, é:

a. A lingua de todas as institucións galegas, e en especial da Administración
galega, da Administración local, dos seus entes dependentes, das corporacións
públicas, das empresas e os servizos públicos, dos medios de comunicación
institucionais, do ensino e da toponimia.

b. A lingua preferentemente utilizada pola Administración do Estado e demais
entes estatais en Galiza na forma que ela mesma determine, polas demais
institucións e, en xeral, polas empresas e entidades que oferecen servizos á
cidadanía.

6. O idioma galego será a lingua oficial no ensino en todos os niveis educativos,
e tal efecto:

a. O alumnado terá dereito a receber o ensino en lingua galega, nomeadamente
no primeiro ensino.

b. O persoal docente deberá facer uso da lingua galega no exercicio das súas
funcións educativas conforme se estabelecer legalmente.

c. A lingua galega será materia de ensino obrigatorio en todos os centros
educativos.

d. As administracións educativas promoverán o uso progresivo do galego como
lingua vehicular en todos os niveis educativos.

7. O coñecemento da lingua galega será requerimento obrigado para o exercicio
en Galiza da representación política e das funcións administrativas, notariais,
rexistrais e xudiciais.

8. Os topónimos terán como única forma oficial a galega. Correspóndelle ao
Goberno galego a determinación dos nomes de lugar de Galiza.

9. A competencia sobre a fixación da variedade estándar da lingua galega
correspóndelle á Real Academia Galega, dacordo cos informes das
universidades galegas e das organizacións dinamizadoras do uso público do
galego.

10. O Goberno galego fomentará o emprego do galego nas zonas galegofalantes do exterior de Galiza.

11. A lingua galega, como parte do sistema galego-portugués, será difundida, en
toda a súa produción cultural, nos países de lingua portuguesa.

====Artigo 4. A cidadanía galega====
1. Son cidadáns e cidadás de Galiza todas as persoas con veciñanza
administrativa nalgún dos concellos galegos.

2. Unha Lei do Parlamento de Galiza regulará os procedementos de adquisición,
conservación e perda da cidadanía galega, que deberá ter en conta a situación
de todas as persoas residentes fóra de Galiza, que dispuxesen da súa última
veciñanza en territorio galego, e a da súa descendencia.

====Artigo 5. As Comunidades Galegas====
1. Os poderes públicos galegos fomentarán o vencellamento social, económico e
cultural cos membros das colectividades e centros galegos asentados no
exterior.

2. Por lei do Parlamento de Galiza regularanse as relacións con estas entidades,
así como a prestación dos dereitos que en cada caso lles correspondan.

====Artigo 6. Os símbolos de Galiza.====
1. Por Lei do Parlamento de Galiza fixaranse os símbolos distintivos de Galiza,
que son a bandeira, o escudo e o himno.
2. A bandeira e o escudo figurarán en lugar preferente nos edificios públicos
situados no territorio galego e nos actos públicos que se celebren en Galiza.
3. Institúese 25 de Xullo como Día da Nación Galega.
====Artigo 7. A capital de Galiza====
A capital de Galiza radica na cidade de Santiago de Compostela, onde fixan a
súa sede permanente o Parlamento e o Goberno, sen prexuízo de poderen
desenvolver as súas funcións descentralizadamente noutras localidades de
Galiza.

==TITULO I: DEREITOS E LIBERDADES FUNDAMENTAIS==