Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006/Título I
Estatuto de autonomía de Cataluña Estatut d'autonomia de Catalunya
|
|
Título I: Dereitos, deberes e principios reitores
editarCapítulo I: Dereitos e deberes do ámbito civil e social
editarArtigo 15
editarDereitos das persoas
- Os cidadáns de Catalunña son titulares dos dereitos e deberes recoñecidos polas normas ás que se refire o artigo 4.1.
- Todas as persoas teñen dereito a vivir con dignidade, seguridade e autonomía, libres de explotación, de malos tratos e de todo tipo de discriminación e teñen dereito ao libre desenvolvemento da súa personalidade e capacidade persoal.
- Os dereitos que este estatuto lles recoñece aos cidadáns de Cataluña poden estenderse a outras persoas, nos termos que establecen as leis.
Artigo 16
editarDereitos no ámbito das familias
Todas as persoas teñen dereito, de acordo con requisitos establecidos pola lei, a recibir prestacións sociais e axudas públicas para atender as cargas familiares.
Artigo 17
editarDereitos dos menores
Os menores teñen dereito a recibir a atención integral necesaria para o desenvolvemento da súa personalidade e o seu benestar no contexto familiar e social.
Artigo 18
editarDereito das persoas maiores
As persoas maiores teñen dereito a vivir con dignidade, libres de explotación e de malos tratos, sen que poidan ser discriminadas debido á súa idade.
Artigo 19
editarDereito das mulleres
- Todas as mulleres teñen dereito ao libre desenvolvemento da súa personalidade e capacidade persoal e a vivir con dignidade, seguridade e autonomía, libres de explotación, malos tratos e de todo tipo de discriminación.
- As mulleres teñen dereito a participar en condicións de igualdade de oportunidades cos homes en todos os ámbitos públicos e privados.
Artigo 20
editarDereito a vivir on dignidade o proceso da morte
- Todas as persoas teñen dereito a recibir un axeitado tratamento da dor e coidados paliativos integrais e a vivir con dignidade o proceso sa súa morte.
- Todas as persoas teñen dereito a expresar a súa vontade de forma anticipada para deixar constancia das instrucións sobre as intervencións e os tratamentos médicos que poidan recibir, que deben ser respectadas nos termos que establecen as leis, especialmente polo persoal sanitario cando non estean en condicións de expresar persoalmente a súa vontade.
Artigo 21
editarDereitos e deberes no ámbito da educación
- Todas as persoas teñen dereito a unha educación de calidade e a acceder a esta en condicións de igualdade. A Generalitat debe establecer un modelo educativo de interese público que garanta estes dereitos.
- As nais e os pais teñen garantido cos principios establecidos polo artigo 37.4, o dereito que os asiste para que os seus fillos e fillas reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas conviccións nas escolas de titularidade pública nas que o ensino é laico.
- Os centros docentes privados poden ser sostidos con fondos públicos, de acordo co que determinen as leis, para garantir os dereitos de acceso en condicións de igualdade e á calidade do ensino.
- O ensino é gratuíto en todas as etapas obrigatorias e nos demais niveis que se establezan por lei.
- Todas as persoas teñen dereito á formación profesional e á formación permanente, nos termos establecidos polas leis.
- Todas as persoas teñen dereito a dispoñer, nos termos e condicións que establezan as leis, de axudas públicas para satisfacer os requerimentos educativos e para acceder en igualdade de condicións aos niveis educativos superiores, en función dos seus recursos económicos, aptitudes e preferencias.
- As persoas con necesidades educativas especiais teñen dereito a recibir o apoio necesario que lles permita acceder ao sistema educativo, de acordo co establecido polas leis.
- Os membros da comunidade educativa teñen dereito a participar nos asuntos escolares e universitarios nos termos establecidos polas leis.
Artigo 22
editarDereitos e deberes no ámbito cultural
- Todas as persoas teñen dereito a acceder en condicións de igualdade á cultura e ao desenvolvemento das súas capacidades creativas individuais e colectivas.
- Todas as persoas teñen o deber de respectar e preservar o patrimonio cultural.
Artigo 23
editarDereitos no ámbito da saúde
- Todas as persoas teñen dereito a acceder en condicións de igualdade e gratuidade aso servizos sanitarios de responsabilidade pública, nos termos que establecen as leis.
- Os usuarios da sanidade pública teñen dereito ao respecto das súas preferencias no que concirne á elección de médico ou médica e de centro sanitario, nos termos e condicións que establecen as leis.
- Todas as persoas, con relación aos servizos sanitarios públicos e privados, teñen dereito a ser informadas sobre os servizos aos que poden acceder e os requisitos necesarios para o seu uso; sobre os tratamentos médicos e os seus riscos, antes de que lles sexan aplicados; a dar o consentimento para calquera intervención; a acceder á historia clínica propia e á confidencialidade dos datos relativos á saúde propia, nos termos que se establecen por lei.
Artigo 24
editarDereitos no ámbito dos servizos sociais
- Todas as persoas teñen dereito a acceder en condicións de igualdade ás prestacións da rede de servizos sociais de responsabilidade pública, a ser informadas sobre estas prestacións e a dar o consentimento para calquera actuación que lles afecte persoalmente, nos termos que establecen as leis.
- As persoas con necesidades especiais, para manter a autonomía persoal nas actividades da vida cotiá, teñen dereito a recibir a atención axeitada á súa situación, de acordo coas condicións que legalmente se establecen.
- As persoas ou as familias que se atopan en situación de pobreza teñen dereito a acceder a unha renda garantida de cidadanía que lles aseguro os mínimos dunha vida digna, de acordo coas condicións que legalmente se establecen.
- As organizacións do terceiro sector social teñen dereito a exercer as súas funcións nos ámbitos da participación e da colaboración sociais.
Artigo 25
editarDereitos no ámbito laboral
- Os traballadores teñen dereito a formarse e a promoverse profesionalmente e a acceder de forma gratuíta aos servizos públicos de ocupación.
- As persoas excluídas do mercados de traballo porque non puideron acceder ou reinserirse a este e non dispoñen de medios de subsistencia propios teñen dereito a percibir prestacións e recursos non contributivos de carácter paliativo, nos termos establecidos por lei.
- Todos os traballadores teñen dereito a exercer as tarefas laborais e profesionais en condicións de garantía para a saúde, a seguridade e a dignidade das persoas.
- Os traballadores, ou os seus representantes, teñen dereito á información, a consulta e a participación nas empresas.
- As organizacións sindicais e empresariais teñen dereito a exercer as súas funcións nos ámbitos da concertación social, a participación e a colaboración social.
Artigo 26
editarDereitos no ámbito da vivenda
As persoas que non dispoñen dos recursos suficientes teñen dereito a acceder a unha vivenda digna, para o cal os poderes públicos deben establecer por lei un sistema de medidas que garanta este dereito, coas condicións que a lei determine.
Artigo 27
editarDereitos e deberes con relación ao medio natural
- Todas as persoas teñen dereito a vivir nun medio equilibrado, sostible e respectuoso cara a saúde, de acordo cos estándares e os niveis de protección que determinan as leis. Teñen tamén dereito a gozar dos recursos naturais e da paisaxe en condicións de igualdade e teñen deber de facer un uso responsable destes e evitar a súa dilapidación.
- Todas as persoas teñen dereito á protección ante as distintas formas de contaminación, de acordo cos estándares e cos niveis que se determinen por lei. Teñen tamén o deber de colaborar na conservación do patrimonio natural e nas acusacións que tendan a eliminar as diferentes formas de contaminación, co obxectivo do seu mantemento e conservación para as xeracións futuras.
- Todas as persoas teñen dereito a acceder á información ambiental da que dispoñen os poderes públicos. O dereito de información só pode ser limitado por motivos de orde pública xustificados, nos termos que establecen as leis.
Artigo 28
editarDereitos dos consumidores e usuarios
- As persoas, na súa condición de consumidoras e usuarias de bens e de servizos, teñen dereito á protección da súa saúde e seguridade. Teñen tamén dereito a unha información veraz e comprensible sobre as características e os prezos dos productos e dos servizos, a un réxime de garantías dos produtos e dos servizos, a un réxime de garantías dos produtos adquiridos e das subministracións contratadas e á protección dos seus intereses económicos ante condutas abusivas neglixentes ou fraudulentas.
- Os consumidores e usuarios teñen dereito a ser informados e a participar, directamente ou mediante os seus representantes, no que se refire ás administracións públicas de Cataluña, nos termos que establecen as leis.