Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006/Título preliminar
Estatuto de autonomía de Cataluña Estatut d'autonomia de Catalunya
|
|
Título preliminar
editarArtigo 1
editarCataluña
Cataluña, como nacionalidade, exerce o seu autogoberno constituída en comunidade autónoma, de acordo coa Constitución e con este estatuto, que é a súa norma institucional básica.
Artigo 2
editarA Generalitat
- A Generalitat é o sistema institucional no que se organiza políticamente o autogoberno de Cataluña.
- A Generalitat está integrada polo Parlamento, a Presidencia da Generalitat, o Goberno e as demais institucións que establece o capítulo V, do título II.
- Os municipios, as veguerías, as comarcas e os demais entes locais que as leis determinen tamén integran o sistema institucional da Generalitat, como entes nos que esta se organiza territorialment, sen prexeuízo da súa autonomía.
- Os poderes da Generalitat emanan do pobo de Cataluña e exércense de acordo co establecido neste estatuto e na Constitución.
Artigo 3
editarMarco político
- As relacións da Generalitat co Estado fundaméntanse no principio da lealdade institucional mutua e réxense polo principio seral, segundo o cal a Generalitat é Estado, polo principio de autonomía, polo de bilateralidade e tamén polo de mutualidade.
- Cataluña ten no Estado español e na Unión Europea o seu espazo político e xeográfico de referencia e incorpora os valores, os rpincipios e as obrigas que derivan do feito de formar parte deles.
Artigo 4
editarDereitos e principios reitores
- Os poderes públicos de Cataluña deben promover o pleno exercicio das liberdades e dos dereitos que recoñecen este estatuto, a Constitución, a Unión Europea, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e os demais tratados e convenios subscritos por España que recoñecen e garanten os dereitos e as liberdades fundamentais.
- Os poderes públicos de Cataluña deben promover as condicións para que a liberdade e a igualdade dos individuos e dos grupos sexan reais e efectivas; deben facilitar a participación de todas as persoas na vida política, económica, cultural e social e deben recoñecer o dereito dos pobos a conservar e desenvolver a súa identidade.
- Os poderes públicos de Cataluña deben promover os valores da liberdade, a democracia, a igualdade, o pluralismo, a paz, a xustiza, a soliedariedade, a cohesión social, a equidade de xénero e o desenvolvemento sostible.
Artigo 5
editarOs dereitos históricos
O autogoberno de Cataluña fundaméntase tamén nos dereitos históricos do pobo catalán, nas súas institucións seculares e na tradición xurídica catalá que este estatuto incorpora e actualiza, ao abeiro do artigo 2, a disposición transitoria segunda e outros preceptos da Constitución, dos que deriva o recoñecemento dunha posición singular da Generalitat en relación co dereito civil, a lingua, a cultura, a proxección oficial destas no ámbito educativo e o sistema institucional no que se organiza a Generalitat.
Artigo 6
editarA lingua propia e as linguas oficiais
- A lingua propia de Cataluña é a catalá. Como tal, o catalán é a lingua de uso normal e preferente das administracións públicas e dos medios de comunicación públicos de Cataluña e tamén é a lingua normalmente utilizada como vehicular e de aprendizaxe no ensino.
- O catalán é a lingua oficial de Cataluña. Tamen o é o castelán, que é a lingua oficial do Estado español. Todas as persoas teñen dereito a utilizar as dous linguas oficiais e os cidadáns de Cataluña o dereito e o deber de coñecelas. Os poderes públicos de Cataluña deben establecer as medidas necesarias para facilitar o exercicio destes dereitos e o cumprimento deste deber. De acordo co disposto no artigo 32, non pode haber discriminación polo uso dunha ou doutra lingua.
- A Generalitat e o Estado deben emprender as accións necesarias para o recoñecemento da oficialidade do catalán na Unión Europea e a presenza e a utilización do catalán nos organismos internacionais e nos tratados internacionais de contido cultural ou lingüístico.
- A lingua occitana, denominada aranés en Arán, é a lingua propia deste territorio e é oficial en Cataluña, de acordo co establecido neste estatuto e nas leis de normalización lingüística.
Artigo 7
editarA condición política de cataláns
- Gozan da condición de cataláns ou cidadáns de Cataluña os cidadáns españois que teñen veciñanza administrativa en Cataluña. Os seus dereitos políticos exércense de acordo con este estatuto e coas leis.
- Gozan, como cataláns, dos dereitos políticos definidos por este estatuto os españois residentes no estranxeiro que tiveron en Cataluña a última veciñanza administrativa, así como os seus descendentes que manteñen esa cidadanía, se así o solicitan na forma que determine a lei.
Artigo 8
editarSímbolos de Cataluña
- Cataluña, definida como nacionalidade no artigo primeiro, ten como símbolos nacionais a bandeira, a festa e o himno.
- A bandeira de Cataluña é a tradicional de catro barras vermellas en fondo amarelo e debe estar presente nos edificios públicos e nos actos oficiais que teñan lugan en Cataluña.
- A festa de Cataluña é o día once de setembro.
- O himno de Cataluña é Els segadors.
- O Parlamento debe regular as distintas expresións do marco simbólico de Cataluña e debe fixar a súa orde protocolaria.
- A protección xurídica dos símbolos de Cataluña é a que corresponde aos demais símbolos do Estado.
Artigo 9
editarO territorio
O territorio de Cataluña é o que corresponde aos límites xeográficos e administrativos da Generalitat, no momento da entrada en vigor deste estatuto.
Artigo 10
editarA capital
A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona, que é a sede permanente do Parlamento, da Presidencia da Generalitat e do Goberno, sen prexuízo de que o Parlamento e o Goberno poidan reunirse noutros lugares de Cataluña, de acordo co que establecen, respectivamente, o Regulamento do Parlamento e a lei.
Artigo 11
editarArán
- O pobo aranés exerce o autogoberno mediante este estatuto, o Conselh Generau de Arán e as demais institucións propias.
- Os cidadáns de Cataluña e as súas institucións políticas recoñecen Arán como unha realidade occitana, dotada de identidade cultural, histórica, xeográfica e lingüística, defendida polos aranesas ao longo dos séculos. Este estatuto recoñece, ampara e respecta esta singularidade e recoñece Arán como entidade territorial singular dentro de Cataluña, a cal é obxecto dunha particular protección por medio dun réxime xurídico especial.
Artigo 12
editarOs territorios con vínculos históricos, lingüísticos e culturais con Cataluña
A Generalitat debe promover a comunicación, o intercambio cultural e a cooperación coas comunidades e os territorios, pertencentes ou non ao Estado Español, que teñan vínculos históricos, lingüísticos e culturais con Cataluña. Para tales efectos, a Generalitat e o Estado, segundo proceda, poden subscribir convenios, tratados e outros instrumentos de colaboración en todos os ámbitos, que poden incluír a creación de organismos comúns.
Artigo 13
editarAs comunidades catalás no exterior
A Generalitat, nos termos establecidos pola lei, debe fomentar os vínculos sociais, económicos e culturais coas comunidades catalás no exterior e debe prestarlles a asistencia necesaria. Para tal fin, a Generalitat, segundo proceda, pode formalizar acordos de cooperación coas institucións públicas e privadas dos territorios e dos países onde se atopan as comunidades catalás no exterior e pode solicitarlle ao Estado a subscrición de tratados internacionais sobre esta materia.
Artigo 14
editarEficacia territorial das normas
- As normas e disposicións da Generalitat e o dereito civil de Cataluña teñen eficacia territorial, sen prexuízo das excepcións que poidan establecerse en cada materia e das situacións que deban rexerse polo estatuto persoal ou de outras normas de extraterritorialidade.
- Os estranxeiros que adquiren a nacionalidade española quedan sometidos ao dereito civil catalán mentres manteñan a veciñanza administrativa en Cataluña, agás que manifesten a súa vontade en contra.