Manifesto da I Asemblea Nazonalista


Manifesto da I Asemblea Nazonalista       Irmandades da Fala      
 



Os persoeiros das Irmandades da Fala reunidos en asambleia magna tida na cibdá de Lugo nos dias 17 e 18 do mes da data pra conquerire do Goberno da Sua Maxestade El Rey autonomia integral da Nazón Galega e fixar n-un programa concreto as que coidan testas soluciós ôs problemas que intresan d-un xeito fondonisimo â vida nazonal da Galicia, aprobaron e sosteñen, c-o corazón ateigado de espranza e os ollos postos no porvir da nay Terra, as siguentes conclusiós, que fan públicas pra conocimento e meditazón do pobo Galego, nestora solemne do albeo das nazonalidades que sinten tremelar a sua y-alma e fan xurdir a súa persoalidade.

I. PREVIA

editar

Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.

II. Poblemas constituentes

editar

1º. Autonomia integral pr-a Galicia.
2º. Autonomia municipal, distinguindo o municipio aldean do vilego, axeitándose o Concello aldean sóbor da base do reconocimento da persoalidade xurídica das parroquias, que terán as súas Xuntas, elexidas antr-os cabezas de familia, (petrucios) homes ou mulleres, pra termaren dos seus bés privativos. Os presidentes ou cabezaleiros d-estas Xuntas, serán vocás nados ou concelleiros da corporación municipal e nomearán d-antre eles o Alcalde que dirixa o Concello. As parroquias, con persoalidade xuridica, poderán contrataren y-estableceren seguros e instituciós de creto an-tros veciños e adeministrare os bés comús, que o Poder Central, terá de lles restituire, dispoñendo o seu aproveitamento. O Concello terá de sere pol-o tanto, mais que unha organización de carácter ademenistrativo, unha prolongación ou compremento das parroquias, como estas o son do fogar, que presidirá a vida económica e social das mesmas.
3º. Cooficialidade dos idiomas galego e castelán.
4º. Federación da Ibéria.
5º. Dentro d-esta federación, igoaldade de relaciós con Portugal.
6º. Crendo na accidentalidade das formas de goberno intrésanos acrarar que non apelamos por ningunha, mais simpatizaremos dende logo con aquela que se amostre mais doada pra chegare â federación con Portugal.
7º. Ingreso das nazonalidades da Ibéria na Liga das Nazóns.

III. Poblemas politicos

editar

1º. Igoaldade de dereitos pr-a muller.
2º. Custión eleitoral: A función eleitoral terá de sere da responsabilidade do goberno e protexida pol-o Poder público. Representación proporcioal como sistema eleitoral. Non serán elexibles os elementos que non rendan unha función útil pr-a colectividade. A Asambleia declara: Que si nas eleiciós pr-a Cortes Constituentes Hespañolas non se nos dera unha prenda en garantia exceicional pr-a que a vontade do pobo poida manifestarse con toda libertade- pois coas organizaciós oligarquicas de oxe non seria abranguible- apelariamos ôs representantes das nazonalidades Eúskara e Catalana e, si elo non abondara, ô Estado mais afin ô noso pra que na Liga das Nazóns defenda o noso dereito â libertade cibdadana.
3º. Acabamento das Diputaciós provinciás.
4º. Creación do Poder Autónomo, representado por un xuntoiro ou Parlamento Galego, elexido por sufraxio universal, con todal-as facultás que a reforma da Costitución non garde pr-ô Poder Central e sempre, pol-o menos as siguentes:

IV. Facultás do Poder Galego

editar

1ª. Nomeamento da Xunta Gobernadora que terá de exercel-o Poder executivo, composta d-un Presidente e seis Segredarios encarregados dos Departamentos de Adeministración, Xusticia, Enseño, Obras publicas, Agricultura, e Industria e Comercio.
2ª. Todal-as funciós adeministrativas.
3ª. Lexislación social, agas n-aqueles casos nos que os problemas sociaes se extendan âs diversas nazóns da Ibéria.
4ª. Réximen tributario, sin intervención do Poder Central ô que somentes pagará o Autónomo a cantidade que se fixe nos concertos económicos.
5ª. A potestade docente do Estado autual pasará enteira ô Poder Galego.
6ª. O réximen bancario no que intervirá pol-a función social que oxe teñen os Bancos. A mesma facultade pr-a solución do Creto agricola.
7ª. Correios e Telegrafos: O seu servicio ô carrego do Poder Central; a sua creación será cousa do Poder Autónomo; o servicio dos teléfonos ô carrego do poder galego. A censura n-estes servicios, non poderá ser exercida pol-o Poder Central mais que no caso de guerra.
8ª. Ferrocarris: A sua nazonalizazón. A su lexilazon sobor dos mesmos será facultade do Poder Central; a sua construción e ademenistración, encarga do Poder Autónomo.
9ª. Portos francos. A lexislación e regularización do trafico maritimo, encarga do Poder Central.
10ª. Si vén co-a Paz o acabamento dos exercitos permanentes, e no caso de que somente quedaran exercitos policias, tamén será facultade do Poder Galego a fixación das forzas que xuzgue precisas pra o orde interno de Galicia.

V. Cuestiós Xurídicas

editar

1ª. Sustantividade do Dreito foral galego.
2ª. Derogación do Artigo V do Código Civil e reforma do seu articulado no que se refire â sucesión ab-intestato.
3ª. A publicación das leises, farase no idioma Galego.
4ª. Igoaldade de dereitos da muller casada pol-o menos no caso de emigrazón do marido.
5ª. A función dos Trabuales da Xusticia rematará en recurso derradeiro en Galicia e sempre realizada por funcionarios galegos.
6ª. As terras dos pequenos propietarios que as laboreen consideraranse instrumentos de traballo pra os efeutos do embargo.
7ª. O arrendatario, terá dereito a unha parte da supervalia do arrendado, sempre que sexa debida a os melloramentos producidos pol-o seu traballo.

VI. Problemas económicos

editar

1º. As custiós aduaneiras, serán resoltas por concerto entre o Poder Autónomo e o Central, salvo o libre cambio de cereales.
2º. Reintegración â propiedade privada, pol-o xeito mais doado dos montes do Estado, dos pobos e de propios.
3ª. Repoblación forestal forzosa. Si os particulares a non fan, a faria o Poder galego por anualidades gravando sobre a riqueza creada, o capital invertido mais os intreses. Reforma da lexislación civil n-este punto.
4ª. A Asambleia declara de toda urxencia a resolucion do problema dos gravámenes sobor da terra en Galicia.
5ª. Tamén declara sere un crime contra Galicia o permanente absentismo dos propietarios da terra.

VII. Aspeitos artísticos

editar

1º Proclamar a soberania estética da Nazón Galega que se exercerá:
a. Sobor as costruciós urbanas e ruraes, ditándose unha ley que obrigue ôs propietarios a axeitare o estilo das suas costruciós ô estilo xeneral de cada vila galega.
b. Na expropiacion de moimentos e paisaxes.
c. Na organización do ensiño artistico, con creación de unha Escola Musical Galega.

Na cibdá de Lugo a noite do dazaoito do Sanmartiño do ano de mil novecentos dazaoito. Por todol-os Asambleistas, representados e adheridos.

Remate

editar

Vede, irmáns galegos, o noso programa. Non é nin pode ser nosa verba difinitiva; mais é, por decontado, un berro d´anguria que vos chama e a úneca afirmación creadora feita na nosa patria galega.

Son chegadol-os tempos d´erguere a y-alma e o pensamento de Galicia, e sobor todo a súa soberanía, compreta e sin cativeces. N-isto non caben discusións: Galicia ten direito, un direito fundamental, a ser dona ausoluta de si mesma. Con vountade ceibe faremos nupcias d´amore con outras soberanías, contr´as que non vai nin quér ire a soberanía nosa.

Pensade pois, nas nosas concrusións, feitas pra todol-os galegos. Pró, ademais, sentídeas, practicádeas. Nosos brazos están abertos pr´a fecunda aperta. Todos xuntos melloraremos a grande obra. O ideial que nos aloumiña vos pide que sintades a Galicia, coma nós no recuncho mais intenso das vosas almas.

Ninguén é inútil pra ista cruzada. A nosa mocedade tén unha santa obriga co-a patria, e agardamos, ateigados do lume inmenso do noso amore, que todo galego dino nos mande súa adhesión á Santa Causa da Redenzón da Nai Terra.

Na cibdá de Lugo, a noite do dazaoito de Samartiño do mil novecentos dazaoito.

Pol-os asambleistas:
Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Arturo Noguerol, Xaime Quintanilla, Manuel Banet Fontenla, Ramón Cabanillas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Gonzalo López Abente, Victoriano Taibo, V. Parateha, Antón Villar Ponte, J. Ferreira, Lois Peña Novo, L.P. Carballa, X. Culebras, E. Bidegain, Francisco Vázquez Enríquez, G. Cedrón, F.M. Balboa, X. V. Viqueira, Roberto Blanco Torres, Rodríguez de Vicente, Ivo Fernández, Correa Calderón, Ramón Villar Ponte, L. Ares, A. Ramos, S. Mosteiro, X. Ares, X. Peña, L. Briones, Díaz Varela, P. Peña Novo, Sánchez Taíz, X. Faraldo, V. Veiga, C. Monasterio, X. Sarmento, L. de Labra, Xosé Ramón Fernández-Oxea, C. García Colmelo, R. Gutiérrez, X. García Colmelo, F. Abelaira, Ánxel Casal, T. Rodríguez, F. Zamora, V. Maceiras, A. Martínez, I. Rodríguez, X. Robles, R. Carballal, R. Areses, Eugenio Charlón, M. Sánchez Hermida, T. Amador, M. Vázquez, B. Varela, I. A. Garaloces, X. Basteiro, E. Lence Santar, Guitián, Víctor Casas e X. Monteiro Mejuto.

A Asambreia que aprobou iste manifesto asistiron persoeiros de tódal-as Irmandades; estiveron representadas 67 sociedades agrarias, cinco centros culturaes; e mandaron sua adhesión cinco federaciós agrarias, once Concellos, mais de 40 Asociaciós e numerosísimas persoalidades de Galicia.

(A cantos simpaticen con iste manifesto pregámoslles comuniquen-o o mais axiña posibre, a calquera Irmandade da Galicia, pra faguer público o estado da opinión galeguista).
Wikipedia
Wikipedia
Vexa o artigo da Galipedia acerca de I Asemblea Nacionalista

Ligazóns externas

editar